Catherine Davies recibe a Rosa de Galicia que dá a Fundación Rosalía no cabodano da escritora
PADRÓN
Abraham Cupeiro ofreceu un concerto-relatorio como peche da celebración
16 jul 2024 . Actualizado a las 05:05 h.O 15 de xullo de 1885 Rosalía de Castro falecía na súa casa de Padrón, espazo que acolle a fundación que leva o seu nome e que no cabodano da escritora concede o premio Rosa de Galicia a unha persoa que pola súa traxectoria teña vinculación coa escritora. Neste 139 cabodano, Catherine Davies, profesora emérita da universidade de Londres que xa conta coa insignia de ouro da Universidade de Santiago, foi recoñecida con esta Rosa de Galicia polo seu traballo.
A Fundación Rosalía fundamenta esta entrega no feito de que Catherine Davies «puxo o foco sobre aspectos pouco estudados da obra de Rosalía, coma o posible simbolismo feminista das botas azuis da novela El caballero de las botas azules ou mesmo a infravalorada faceta maternal da autora». No acto de entrega, Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía, fixo unha laudatio de Davis, que respondeu cun discurso. O acto incluíu un concerto-relatorio de Abraham Cupeiro.