
A xogadora do Club Xadrez Fontecarmoa xa fora campioa autonómica na categoría infantil
17 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Irene Diz Loroño, xogadora do Club Xadrez Fontecarmoa, vén de proclamarse campioa galega cadete (sub-16). No Hotel Scala de Padrón, a vilagarciá engordou un palmarés no que xa figuraban o título infantil e mais o subcampionato cadete que conseguía a temporada pasada. Primeira fémina, Diz rematou décimo oitava na xeral, na que o seu compañeiro de club Ricardo Oubiña Pazos finalizou na oitava praza.
Tras a disputa dos Campionatos Galegos Sub-10, Sub-12 e Sub-16, con case 200 xadrecistas da comunidade en acción, desde hoxe e ata o domingo, no mesmo escenario padronés, é a quenda dos cadros de competición das categorías sénior, feminina e veterana, con máis de 120 inscritos.