Xavier Mouriño: «Tras 40 anos no IES Rosalía de Castro, custará en setembro que as pernas non me traian aquí»

Olalla Sánchez Pintos
Olalla Sánchez SANTIAGO

SANTIAGO CIUDAD

XOÁN A. SOLER

El director del instituto compostelano, que comenzó a dar clase en él en 1982, se jubila. «Emociona ver a moitos rapaces do instituto dicirche: "Dire, pero como te vas ir?"», destaca

14 jul 2024 . Actualizado a las 23:49 h.

En verano trascendió que Xavier MouriñoMouriño para los alumnos—, director del IES Rosalía de Castro, se jubilaba. «Cumpro 65 anos. É o momento de irse, pero non nego que no último consello escolar entroume morriña», apunta desde el patio central del instituto, uno de sus sitios, admite, favoritos. «Foi un privilexio ensinar aquí, neste edificio de 400 anos, dende o que se ve a Catedral, cuns compañeiros excepcionais e uns alumnos que che transmiten cariño. Prefiro non pensar en setembro, cando, tras 40 anos, custará que as pernas non me traian aquí», resalta.

Nacido en Agolada, sus primeros estudios le llevaron a Vigo. «En parte, por unha profesora de francés, da que me marcou a súa empatía cos alumnos e como ensinaba, orienteime a Filoloxía. Eu era galegofalante e optei por Hispánicas, na sección galego-portuguesa. Xa na USC, deume algunha clase Carvalho Calero, coa súa sabedoría. Lembro ata que nos ten cantado unha aria. Era un profesor especial. El dera tamén clase no Rosalía. Todo conflúe», comenta sonriendo y explicando que en 1982, nada más licenciarse, empieza a dar clases de galego en este centro. «Aínda era feminino. Con 22 anos, eu sentíame case un estudante máis. Nunha obra de teatro das alumnas, eu fixen o papel masculino. Neses comezos, e con 40 estudantes por aula, cheguei a dar clase a case 200 por ano. Tras dous cursos fóra, ao sacar a oposición, en 1985 volvín e xa quedei, dando clase, sobre todo ata o 2000, de galego e literatura galega, pero tamén de imaxe e son, algo que me gusta, ao igual que as TIC, que impartín a adultos. Diversifiqueime moito», constata.

Xavier Mouriño, en el patio del IES Rosalía de Castro
Xavier Mouriño, en el patio del IES Rosalía de Castro XOAN A. SOLER

«Levo no equipo directivo dende 1991 e sempre vin que nel, e no claustro, había unha maneira de traballar e unha ilusión polo ensino público de calidade que favorecía que aquí se fixesen tantas cousas, e ben, co liderado e carisma do que era director, Ubaldo Rueda», destaca. «Ese afán pola internacionalización, por facer intercambios... Non esquezo cando se loitou por ter un auditorio e un pavillón. Diciamos: "Como imos logralo no centro da cidade?" E conseguiuse. Por unha demora nas obras mesmo montárase un partido de protesta no Obradoiro. Eu non xoguei, pero levara porterías...», evoca risueño. «Logo chegaron os premios e certames, de tanto arraigo. Quédome coa excepcional visita de Stephen Hawking ao centro. Aí axudara a adecuar unha sala, co sofá, kiwis e té que el pedira. Teño tamén vivo recordo da charla de Saramago», cita.

A nivel personal, y mientras reconoce su autoría en libros de texto, enlaza más vivencias. «Puiden coordinar equipos que participaron na Liga Galega de Debate. Foron moitas horas de traballo, ata en fins de semana, xornadas que remataban cunha pizza cos alumnos. Gañamos nalgunha ocasión, ao igual que co da Euroescola, un programa de debate do Parlamento Europeo. En Estrasburgo coincidiamos con máis de 400 rapaces», rememora.

«No 2018, ao xubilarse Ubaldo, el tamén me insistiu en coller eu o relevo, algo que me daba respecto. Vía a súa proxección inmensa na cidade. De broma díxenlle que me ía arrepentir, e ao contrario. A colaboración de todos foi inmensa para dar o salto», reconoce. «Eu, durante anos, fora secretario, e moitos rapaces coñecíanme por facer cousas no centro, como arranxos nas aulas. Algún cría que era o conserxe e sorprendéronse ao verme director», rescata riendo, y sin dejar de pensar en los alumnos. «É necesario saber escoitalos. A adolescencia é unha etapa difícil; cada un ten a súa mochila», subraya. «Aquí tivemos algún problema con alumnos por algo que se subiu ás redes. Aínda que a sanción é necesaria, non se criminalizou e reconduciuse aos rapaces. Ver que os seus pais se achegan no acto de graduación para darche as grazas, reconforta, ao igual que escoitar a dous alumnos aos que lles preguntaban que senten ao ver ao director e dixeron "seguridade"», agradece, razonándolo también por la pandemia. «Teño presente un claustro virtual final tras o ano de volta ás clases, que rematou con todos abrindo o micro para aplaudir», enfatiza.

«O centro é como a miña casa. Aquí pasei moitísimas horas. Teño as chaves. Viña ata en agosto para reparar cousas. Hai mesmo aulas cableadas por min. Nel pasei a vida. Aquí estudaron meus tres fillos», afirma. «Emociona ver a moitos rapaces dicirche: "Dire, pero como te vas ir?"», acentúa.