José manuel guerra candidato do pp
José Manuel Guerra tiene 54 años. Está casado y tiene familia numerosa. Empresario de profesión, entre sus aficiones destaca la música y el senderismo.
Guerra cerró la lista del Partido Popular de Teo en el año 2007. Ahora encabeza la candidatura con una lista muy renovada.
José Manuel Guerra é a aposta do PP para substituír ao histórico dirixente e ex alcalde Armando Blanco. Guerra encabeza unha renovación case total do PP teense coa aspiración de recuperar o goberno que perderon hai catro anos.
-¿Vostede inicia unha carreira política. ¿Por que decidiu dar o paso?
-Foi o partido o que me propuxo encabezar a lista e insistíronme moito tamén os meus amigos e moitos veciños. Eu sempre colaborei nas campañas en favor do partido. E agora, unha vez que estou, teño que deixar o listón moi alto cunha lista moi renovada e cunha media de idade de entre 39 e 40 anos.
-O PP presenta unha candidatura sen case experiencia. ¿Iso é un inconveniente ou supón ter unha visión distinta?
-Teño a sorte de coñecer moi ben o concello. Nacín en Teo, vivo en Teo e pola miña profesión coñezo cada cada casa e cada palmo de terreo. Sobre a nosa experiencia, Feijoo anunciou que nestas eleccións o 30% dos candidatos do Partido Popular non procedemos precisamente da política para conseguir estar preto da xente.
-¿Cales son las prioridades do seu programa electoral?
-Levamos 44 puntos importantes, pero un dos principais no rural vai ser a extensión da rede de abastecemento e saneamento ao cen por cen. E na zona urbana temos un proxecto para humanizar Cacheiras con menos cemento e zonas máis atractivas para os veciños. Tamén nos Tilos, A Ramallosa e en Calo. Tamén crearemos sendas verdes recuperando camiños e regatos. Imos facer un Teo renovado.
-¿Atrévese a facer un prognóstico do resultado do día 22?
-Imos gañar as eleccións por maioría absoluta. E do resto, dá igual.
-Despois da retirada de Armando Blanco da batalla electoral. ¿A ferida do PP está curada?
-Si, totalmente, a ferida está curada e tamén cicatrizada.