
O acto celebrarase no Paseo Avelino Pousa este mediodía
20 ago 2025 . Actualizado a las 04:55 h.A profesora e escritora Pilar García Negro será distinguida esta mañá co «Caxato de Avelino». Este recoñecemento está organizado pola Irmandade Avelino Pousa, a A.C. Xermolos e a Irmandade Manuel María, que distinguen anualmente a unha persoa ou institución. O acto desenvolverase a partir das doce do mediodía no Paseo Avelino Pousa da urbanización Os Verxeis (Oza, Teo). Intervirán, Xulio de Mondoñedo en nome da Irmandade Avelino Pousa; Marica Campo, que fará a loa e semblanza de Pilar García Negro; e Raúl Galego, «O Gaiteiro Nubeiro», que se encargará do contido musical do acto.