A carreira profesional de Celia está en xogo en «Saudade de ti»

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

PLATA O PLOMO

Santi e Celia, na consulta do centro de saúde
Santi e Celia, na consulta do centro de saúde

A serie de Voz Audiovisual emítese de domingo a xoves as 22.40 horas na TVG

14 ago 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A situación en Porto de Abrente estase poñendo moi tensa. A folga de transportistas está provocando que Adela chegue a un punto insostible. Ela non só sabe como manipular á xente, tamén os medios de comunicación, e non dubida en declarar no telexornal para forzar a dimisión do que é o seu peor inimigo neste momento: Abel, o representante dos traballadores.

Cando Celia é consciente do que Adela está tramando, xa non dubida das intencións de Raúl cando lle preguntou pola escordadura da súa nai. Pero iso pode ter consecuencias moi malas para ela. Se Adela se decata de que Celia rompeu o segredo profesional, a médica podería quedar sen traballo. A súa carreira profesional está en xogo.

Sen escoitar os rogos de Celia, Raúl trata de que a súa nai se bote para atrás e retire as falsas declaracións contra Abel, aínda que ela xa ten en mente ao substituto perfecto para ser o novo portavoz dos transportistas que xogue a favor dos intereses da empresa. Sen embargo, nin Mónica nin Adela imaxinan que Raúl e Gaspar poidan adiantárselles no xogo e achegar cada un o seu propio candidato.

Pola súa banda, Brais e Noa seguen buscando ao seu suposto pai e para iso tratan de contactar cos compañeiros de universidade de Celia que teñen máis posibilidade de ser o proxenitor da rapaza. Soamente quedan tres na lista dos candidatos e Noa está decidida a plantarse coa súa nai para descubrir a verdade.

Mentres tanto, en Casa Eiroa comezan cos pedidos a domicilio, e a Elba non lle chista moito o que Dimas ten preparado para ela. Teresa tamén ten dabondo: Celia non quere que siga tomando as pastillas... e Lucho levará a peor parte cando vai ata o bar a pedir explicacións polo corte da auga e da luz do piso.

Ao mesmo tempo a relación que mantiñan Olga e Gaspar non deixa a Celia vivir tranquila. Gaspar quere convencela de que o que tiña coa súa nai era algo máis que unha aventura. E faino a través dunha misteriosa mensaxe a través de Santi. Cal é a verdadeira intención de Gaspar?