Con o sin cuernos, ¿cómo las prefiere Galicia?

Lucía Vidal REDACCIÓN / LA VOZ

SOCIEDAD

Senén Rouco

Suiza acaba de decidir en referendo no subvencionar a los ganaderos que respeten la cornamenta de las vacas

08 oct 2019 . Actualizado a las 14:04 h.

Manuel no entiende ni su vida ni la de sus animales sin una palabra: libertad. En 1993 dejó un piso en su Carballo natal para mudarse a la explotación de sus suegros, quince hectáreas alquiladas a la iglesia en Coristanco, donde, además de criar setenta cabezas de vacuno, siembra patata, como no podía ser de otro modo en una de las comarcas gallegas rendidas al cultivo de este tubérculo.

Tras la crisis de precios de la década de los noventa, se pasó de la leche a la carne. Llama la atención la edad de algunos de sus ejemplares. Cuando la media ronda los trece o catorce años, en estos verdes prados pastan vacas de hasta dieciocho, lo que da una idea de la filosofía que guía su trabajo. «O que ten os animais fóra ten que terlles os cornos. Para que se defendan dos lobos e outros animais. Ademais, cando hai crías polo medio, as nais arremeten». Manuel recuerda la última y reciente visita del lobo: «Eran as nove da mañá. Escoitamos o can ladrar. Saíu a miña muller e dixo: “Están aí no prado”. Eran dous, pero non colleron ningunha presa. Cada vez achéganse máis ás casas».

A los cinco años, cuando las vacas se empiezan a hacer más agresivas y territoriales, toca llamar al veterinario, pero solo, como en la peluquería, para cortar las puntas: «As baixas non mas paga ninguén. Teño que asumilas eu e xa tiven algunha baixa por culpa diso. Engánchanas pola barriga e provócanlles hernias. As de carne teñen os cornos bastante afiados. Son coma touros miura. Simplemente movendo a cabeza de lado a lado poden facer moito dano. Canto máis bravas son, máis se lles cortan». A las novillas no se los toca. «Cando lles dás silo de millo ou rolo de herba, pelexan pola comida. Imaxínate se as pequenas non teñen cornos... Non comerían».

Distinto es el caso de la ganadería que regenta José Manuel Recarey en A Picota. Antiguo trabajador de la construcción, ahora se dedica por completo a sus doscientas vacas de leche estabuladas, todas ellas frisonas, un espacio donde los cuernos no tienen cabida: «Non poderían entrar na cornadiza. As cortes están deseñadas para que non os teñan. A nós por sorte nunca nos pasou, pero algún nutrólogo tenme contado casos de vacas que abortan ou que enferman porque non se meten a comer. Por iso tes que cortárllelos si ou si».

Sobre el sufrimiento que pueda suponer el proceso de descornado, José Manuel diferencia entre vacas adultas y jóvenes: «Canto máis novas sexan mellor, menos padecemento». Un futuro sin cuernos desde el minuto cero parece que está cada vez más cerca: «Estamos buscando xenéticas de proteína, graxa, leite... e dentro de non moito estou seguro de que nacerán xa sen cornos. Evitarase sufrimento e tamén se aforrarán custos».

«O dano é equivalente a poñerlle o pendente identificador»

Lucas Rigueira é veterinario no Hospital Universitario Rof Codina de Lugo.

-Que papel, dende o punto de vista fisiolóxico, desempeñan os cornos nas vacas?

-Principalmente defensivo. Poden axudarlles á hora de rascarse e algúns din que teñen unha función de termorregulación.

-O escornado obedece só a motivos de seguridade?

-Sobre todo faise por motivos de benestar animal. Nas estabulacións libres hai unha gran densidade de animais ceibos e as vacas son especies xerárquicas, polo que van ter loitas pola dominancia. Se teñen cornos, as lesións poden ser máis graves.

-Hai quen di que esta práctica (a do escornado) supón unha tortura para o animal...

-Sempre que se faga do xeito correcto non deixa de ser un acto cirúrxico, con sedación, anestesia e analxesia. Para eliminalos emprégase unha serra. Pode haber riscos de infección, de sinusite, pero nada incompatible coa vida. Iso, en vacas adultas. En exemplares novos, hai que facelo entre a primeira e a cuarta semana de vida. Elimínanse por cauterización, cunha barra dun material cáustico ou cunha pistola de calor. Como se trata dun botón córneo moi pequeno, non lle vai causar máis dor que a que pode supor a colocación do pendente identificador.

-Canto custa a operación?

-En animais novos pode andar sobre os trinta ou cincuenta euros. En vacas adultas, o prezo elévase ata cento cincuenta euros.

-É partidario de que as alteracións xenéticas permitan que nazan especies xa sen cornos?

-Aposto máis por unha selección de liñas, sobre todo en razas que se explotan en intensivo, para evitar o desmouche. Se se queren manter as vacas con cornos, habería que darlles axudas aos gandeiros para cambiar as instalacións.