
Foi unha iniciativa das parroquias locais para homenaxear aos colectivos que traballan máis directamente por frear o coronavirus
30 mar 2020 . Actualizado a las 19:11 h."Imos facer que repiquen todas as campás de todas as igrexas da unidade pastoral de Chantada, en agradecemento por todo o que están a facer por nós e polas nosas vidas os sanitarios, as forzas de seguridade, os militantes, protección civil, po sector da alimentación...". É a mensaxa difundida polas parroquias de Chantada para anunciar o repique colectivo de campás que se levou a cabo este domingo.
Nas doce igrexas locais que forman parte de esta unidade parroquial soaron este domingo as campás ao mesmo tempo a modo de homenaxe para os colectivos que traballan máis directamente para reducir os efectos da epidemia de coronavirus.
A igrexa nova de Chantada fai soar ademais as campás todos os días ás oito da tarde para acompañar os aplausos que os veciños dedican desde os balcóns ao persoal sanitario.