
A edila de Cultura, Maite Ferreiro, critica que tanto Goberno como Xunta «non teñan un plan específico para a cultura»
04 may 2020 . Actualizado a las 11:12 h.A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo vén de cancelar, seguindo as últimas indicacións das autoridades sanitarias, as actividades previstas para a semana da maxia e a semana da música do Corpus, que este año iba a cumplir 48 ediciones, el festival de música antigua decano de Galicia. Segundo declarou a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, «desde o Concello de Lugo temos previsto impulsar actividades culturais adaptadas ao cumprimento das indicacións das autoridades sanitarias, buscando sempre que sirvan para dinamizar o Concello, animar á veciñanza e dar un impulso económico a todo o tecido que desenvolve a súa actividade arredor da actividade cultural».
A edila do BNG sinaliou que están á espera do que se publique, de xeito oficial, e a normativa que defina as fases da desescalada, «pero queda claro que non existe un plan específico para o ámbito cultural», que engadiu «que a fase a desescalda se planifique dende Madrid é un erro por que a realidade das vilas e cidades galegas pouco ten que ver coa óptica que se pode ter dende o goberno do estado». Segundo Maite Ferreiro, «máis preocupante é actitude da Xunta de Galicia e do seu presidente que quedou parapetado tras do mando único e non está a asumir nin defende as súas competencias».

Maite Ferreiro destacou os graves problemas que teñen os profesionais da cultura, «que están diante dun contexto de loita pola propia supervivencia, e dende as institucións temos o deber de colaborar con este sector». Por esta razón, a edila de Cultura afirmou que «manteremos a nosa colaboración e o apoio ao sector cultural e ao tecido asociativo lucense».