Miguel Corgos: «A intelixencia artificial vai mellorar o benestar dos galegos e a competitividade das empresas»

Raúl Romar García
R. Romar LA VOZ

SOCIEDAD

GONZALO BARRAL

O conselleiro de Facenda asegura que a pioneira lei que ven de aprobar a Xunta garantizará un uso seguro e confiable desta tecnoloxía

08 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

«O desenrolo da intelixencia artificial vai traer moitos beneficios a Galicia». O conselleiro de Facenda e Administración Pública Miguel Corgos López-Prado (A Coruña, 1971) ten claro que esta tecnoloxía aporta máis vantaxes que posibles riscos, pero tamén incide na necesidade de regulala para que sexa segura, ética e confiable. E foi o que o que fixo a Xunta, ca recente aprobación dunha lei pioneira en Europa impulsada pola propia consellería a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

-Galicia é a comunidade pioneira en Europa en regular a IA. Qué vantaxes ou oportunidades nos pode aportar ser os primeiros?

-Pensamos que o emprego da intelixencia artificial xunto con outras tecnoloxías de alto impacto pode traer moitos beneficios a comunidades como Galicia que presentan unhas características moi particulares no que respecta ao territorio e a súa poboación avellentada e moi espallada. Pode favorecer unhas maiores oportunidades de desenvolverse e de aumentar o benestar das persoas, pero tamén para os negocios e as empresas. Pensamos ademais que vai facilitar a prestación de servizos públicos de máis calidade e permitirá personalizalos en función das súas necesidades.Apostamos por empregar tecnoloxías innovadoras como a intelixencia artificial precisamente para camiñar nestas dúas direccións: o aumento do benestar da cidadanía e a competitividade e produtividade das empresas para ter empregos máis enriquecedores. Tampouco hai que esquencer que Galicia non é unha illa, vivimos en Europa e as políticas da Unión Europea van encamiñadas precisamente a que os diferentes países desenvolvan un ecosistema que favoreza o emprego da intelixencia artificial.

-¿A galega é unha norma que segue a filosofía da que está impulsando Europa?

-Si, exactamente, para elaborar a nosa norma baseámonos na normativa europea. O que tentamos non é limitar o uso da intelixencia artificial, todo o contrario, o que pretendemos é establecer unha serie de dereitos e garantías para o seu uso tanto pola Administración como polo sector público e privado.

-Apóstase, por tanto, porque sexa segura e confiable?

-Si,  porque ca IA poden facerse moitas cousas, pero o importante e fundamental é que sexa segura, ética e na que se poida confiar, porque si non se ten confianza nunha tecnoloxía non vai ser aceptada pola cidadanía. Por iso a lei trata de garantir un marco responsable de utilización da IA pola Administración Autonómica e garantir unha serie de dereitos ao cidadán para asentar esa confianza, polo que debemos aportar unha información clara, comprensible e transparente.

-Pero por qué pode ser tan imporante para Galicia?

-Porque regular o uso da intelixencia artificial vai multiplicar exponencialmente as capacidades da administración autonómica, tanto na cantidade como na calidade dos servizos públicos que prestamos nunha comunidade autónoma como Galicia de 2.700.000 habitantes. Nunha poboación relativamente moderada vai permitir chegar mellor a todas as partes do territorio.

-¿Qué aporta á norma á protección dos dereitos dos cidadáns?

-Ter unha regulación o que aporta é garantirlle un marco confiable na defensa dos seus dereitos. Os principios responsables do uso da intelixencia artificial  implican unha garantía de seguimento e control de todos os sistemas que empreguen intelixencia artificial para que sexan explicados e entendidos polos cidadáns. Implica que os algoritmos da IA aposten pola igualdade de trato, que eviten sesgos en función das características de cada cidadán, o respecto a privacidade e unha reserva de humanidade. Os cidadáns tamén terán o dereito de pedir que sexan as persoas as que revisen as decisións ou que dean unha segunda opinión sobre as propostas tomadas con IA. Todo isto tamén supón unha avaliación continuada dos procesos que se están desenvolvendo con intelixencia artificial.

-A normativa terá gran incidencia nos servizos que prestará a administración. ¿Pode explicar en cómo se vai traducir?

-Se traduce en que esta lei formaliza unha especie de corpus de criterios de gobernanza en materia de utilización da intelixencia artificial Entón isto te garante como cidadán que a administración está obrigada a identificar en cada consellería cales son as persoas que se encargan de usar e de controlar os modelos da IA , e cada consellería debe redactar un proxecto de inteligencia artificial que avalía os riscos e beneficios de utilizar esta tecnoloxía e facer un seguimento deles para ver se paga pena. Tamén se crear unha oficina de intelixencia artificial que vai validar os proxectos de cada departamento para que cumpran cos estándares que se fixen por parte de de Amtega. Esta oficina tamén vai fomentar o uso e o desenvolvemento de procedementos con esta tecnoloxía. Tamén se vai crear, para casos especialmente complexos, que afecten a moita xente ou de carácter estratéxico, unha comisión para o asesoramento na intelixencia artificial que estará formada por personal da Amtega e por asesores externos, mesmo do ámbito académico. O que se pretende é que as decisións críticas que se tomen sexan co maior grado de coñecemento posible. Por último tamén se crea o Consello Galego de Intelixencia Artificial, que é un órgano colexiado para a revisión de estratexias e que xa ten un abano moito máis grande de membros que representan desde os setores productivos ata as administracións e a academia.

-Pero podería explicar con exemplos cómo se poden facilitar as xestións aos cidadáns?

-Nos esperamos que a aplicación destas ferramentas reduza a burocracia do cidadán ca administración. Vai incrementar a eficiencia na xestión e reducir os tempos dedicados aos trámites por parte dos traballadores da administración, que poderán dedicar máis tempo en traballos de maior valor engadido e complexidade. Tamén se reducirán os tempos dos trámites, que serán máis accesibles. E, por último, e non menos importante, poderemos ofrecer un servizo aínda máis personalizado.

 -Referíase a Oficina de Intelixencia Artificial de Galicia. Cales serán as súas funcións?

-A oficina  ten que validar os informes de proxectos de intelixencia artificial de cada consellería. Debe tamén mobilizar aos distintos sectores para que introduzan a IA nos seus procedementos. Vai axudar a xestión, a traducir en termos empregables para a intelixencia artificial os diferentes procedimentos administrativos.

- E como pode beneficiar unha regulación da IA o impulso dos sectores produtivos en Galicia, para fomentar a innovación?

 -A Administración, por un lado, vai funcionar como un elemento tractor no uso desta tecnoloxía e, por tanto, vai demandar ao mercado solucións en materia de IA para desenvolver os seus diferentes procedimentos. Deberemos ter plans de xestión de datos, de continxencia, de avaliación dos sistemas de IA, e solucións de intelixencia artificial para todos os nosos procedementos e servizos públicos. E é o sector privado o que debe fornecer estas solucións. É o que tentaremos, e por iso se vai incluir a IA nos plans directores de Economía dos diferentes departamentos a integración da IA como unha tecnoloxía prioritaria, como unha ferramenta que debe permitir dar un paso exponencial cara diante. 

-Sí, pero cómo axudará ao sector industrial, por exemplo?

-Pensamos que pode super un pulo importante en materia de política industrial, non só en materia de funcionamento da administración. Consideramos que o desenvolvemento da IA é estratéxico, polo que impulsaremos a IA nos sectores económicos. Por exemplo, dándolle prioridade en materia de medidas de transición enerxética que fomenten actividades de desenvolvemento da IA ou con medidas de emprendemento e impulso empresarial. Desenvolveremos novos instrumentos financeiros, como á creación dun fondo de participación en empresas que desenvolvan as funciones de IA. Tamén se prevé o establecimiento de incentivos fiscais á empresas innovadoras e que empreguen a IA. Con todo esto, desde a priorización na estratexia industrial ata medidas máis concretas de fomento, é como pensamos favorecer este impulso, aparte do efecto tractor que debe facer a administración na demanda deste servizos. Queremos favorecer un sistema de intelixencia artificial en Galicia, porque tamén temos un sector TIC potente.

 -E teremos a capacidade de exportar solucións tecnolóxicas baseadas na IA?

-Xa temos un caldo de cultivo bo, un ecosistema que e o que pretendemos é impulsar aínda áis, polo que si poderemos ter a capacidade de exportar tecnoloxía ou ferramentas de IA. Incluso xa hai modelos de intelixencia artificial que foron solicitados por outras comunidades autónomas porque os apreciaron como unha boa práctica de Galicia. 

-Como cales?

-Por exemplo, procedementos de comprobación de explotacións agrícolas a través de xeolocalizacións.

 -Á xente tamén lle preocupan os posibles riscos da IA. ¿Cómo se controlan?

 -Facendo unha avaliación continúa dos sistemas, que é o que vai a supervisar a oficina. É dicir, non se trata de crear un sistema e deixalo correr e despreocuparse del, se non que van a estar avaliados continuamente desde que nacen hasta que se apagan os procedementos xestionados con IA. Tamén se crearán espazos de probas para comprobar que non xeren efectos que non sexan beneficiosos para a poboación e contaremos con ferramentas de autodiagnose nestes procedementos.Tamén dispondremos dun protocolo de reacción inmediata no caso de que se detecte calquer posible fallo no funcionamento dun sistema xestionado cun modelo de intelixencia artificial.

-Ou sexa, que poderemos controlala?

-Efectivamente, esa é a intención. E ademais, en último caso, sempre se poderá recorrer a unha revisión por unha persoa. Entonces, esa é tamén un pouco a garantía que establece a lei. Pero eu penso que o máis importante é esa avaliación continua, eses mecanismos de control de riscos que deben introducir os propios sistemas.

 -¿Podería poñer algúns exemplos de ferramentas de IA que se están a aplicar en Galiza para mellorar a vida dos cidadáns?

 -Estanse empregando, por exemplo, en materia de sanidade, para axudar a a mellorar a detección precoz do cancro de mama e evitar o erro humano no diagnóstico.  O tratamento con intelixencia artificial destas imaxes reduce ata nun tercio os erros detectados polo ollo humano, as lesións que poden pasar desapercibidas por unha lectura convencional. Tamén axuda a diagnosticar as fracturas ou lesións de tórax.

-E noutras áreas?

-En materia de emprego estamos empregando a ferramenta EMi para casar a oferta ca demanda de emprego. Está implantada en 54 oficinas e está dando moi bo resultado.A aplicación realizou ata setembro o perfilado competencial de 70.000 persoas e as cadra cas ofertas laborais que se axusten a ese perfil. Pero tamén permite detectar sectores emerxentes de emprego ou nichos de traballo por comarcas. En medio rural temos ferramentas que axudan a detección precoz dos incendios forestais e que planifican os mellores roteiros para que as brigadas forestais poidan sofocar mellor os lumes. Tamén se aplican para o tratamento das axudas da PAC, garantindo un mellor control co uso de medios aéreos non tripulados que pemiten aumentar o número de controis e a súa eficiencia  e reducir a complexidade dos custos da súa implantación utilizando imaxes de satélite e webs para controlar as explotacións. Este procedemiento foi presentado como exemplo de boa práctica nunha conferencia en Praga. E a comunidade de Aragón mostrou o seu interés na súa aplicación.

-Tamén se aplican no control de pragas.

-Si. Estamos desenvolvendo unha aplicación que detectará de xeito precoz pragas e ameazas para os cultivos en base a imaxes. É dicir, subindo unha imaxe de cualquera tipo de cultivo que teña algún tipo de parasito ou fungo permitirá detectar a praga e o seu tratamento de xeito precoz.

-¿E na Administración?

-En procedemos que son máis de trámites administrativos, como a xestión de axudas, a IA combinada con robots está permitindo mellorar a eficiencia e tratar máis expedientes en menos tempo, minimizando o número de erros. Podemos ofrecer un servizo personalizado permitindo adicar o personal que antes facía esas tarefas repetitivas a outras de maior valor engadido.Calculamos que temos aforrado 18.000 horas de traballo, que en realidad non se aforran, senon que se adican a outros traballos con maior valor engadido.

-A IA é máis un beneficio ou un perxuizo para os cidadáns?

-Bueno, eu que penso que, sen dúbida, vai ser un beneficio. E por todos estos exemplos que acabo de poñer. Porque cada persoa que se beneficie dunha diagnose precoz de calquera doenza xa é un beneficio incontestable. Pero é que tamén vai permitir incrementar a calidade dos servizos públicos para todos os cidadáns. Só lle vexo beneficios, pero sempre controlando o seu funcionamento para evitar calquer distorsión que se poidera dar.  E leis como a galega son as que lle ofrecen ao cidadán todas as garantías que precisa para que sexa así.

-Dicía antes que a IA pode axudar a integrar Galicia, o mundo urbano co rural. Como?
-De modo en que os habitantes do rural non teñan que desprazarse continuamente para facer calquer trámite ca administración en todos os eidos. Refirome, por exemplo, a un tratamento médico que por imaxe se poda tratar: a un problema que poida ter unha explotación con unha praga, de tal modo que ca análise dunhas imaxes se lle poida ofrecer unha solución. Hai moitas cousas que se poderán facer desde casa nas zonas rurais sen necesidade de desprazarse as cidades.