R amplía o seu servizo incorporando Disney+

La Voz REDACCIÓN

SOCIEDAD

Cartelera de Disney+.
Cartelera de Disney+. Cedida

Os clientes da empresa galega poden acceder xa aos contidos de Disney, Pixar, Marvel, Star Wars o National Geographic

08 abr 2025 . Actualizado a las 13:22 h.

Disney+ está xa dispoñible para os clientes de R. As persoas que teñan contratado o servizo televisivo poderán acceder a todo o seu catálogo de contido de entretemento. Ademais das propias películas e series producidas por Disney, tamén inclúe as de todas aquelas compañías das que a produtora é accionista. É dicir, todas as creación de Marvel Studios, de Pixar, todo o universo de Star Wars e os documentais de National Geographic. A maiores, os contidos de Star, que integran coñecidas obras audiovisuais como Anatomía de Grey, Mufasa: El Rey León ou Vaiana 2.

O acordo de R con Disney+ reforza a calidade e diversidade da grella de tele do operador galego —ofrecida a través de Agile TV— para facer accesibles aos seus clientes os contidos máis recoñecidos e demandados do mercado audiovisual nacional e internacional. Así indica R que o leva facendo durante máis de 20 anos, «dende os seus inicios co servizo analóxico, pasando polo desco 4k e incluíndo tamén agora esta nova forma de ver a tele dende calquera lugar a través de plataformas ou aplicacións».

A empresa galega explica que o acceso a Disney+ poderase realizar directamente dende a interface do seu descodificador de televisión, de maneira que os clientes poidan acceder aos seus contidos sen ter que mudar de sistema.

Alfredo Ramos, director de R e do grupo MasOrange en Galicia, indicou que «a integración do servizo de Disney+ en R é máis un paso na nosa aposta por seguir ofrecendo contidos de alto valor. Dende os tempos da televisión analóxica ata hoxe, nos que imperan os contidos dixitais á carta, en R sempre traballamos por reforzar o entretemento con propostas diversas e de calidade. Preto dos nosos clientes, acompañándoos con toda a innovación para que as audiencias galegas non perdan nada».

Según o informe Navegantes en Red, da Asociación para la Investigación de Medios de Comunicación (AIMC), publicado este luns, un 62,1 % dos entrevistados accederon nos últimos 30 días a plataformas de pago de contido audiovisual. Entre elas, Disney+, a cal o estudo indicou que 34,1 % dos seus suscriptores teñen contratada cunha versión con publicidade.