Os encontros de literatura de Verines rinden homenaxe nesta edición a Carlos Casares
TELEVISIÓN
Escritores galegos e españois analizarán en setembro a figura e a obra dun persoeiro que participou activamente nestas xornadas Por primeira vez nos seus 18 anos de historia, o encontro de literatura de Verines vai homenaxear a unha persoa. E faráo na persoa de Carlos Casares, quen ó longo das súas edicións foi un dos seus principais animadores, non só como ponente, senón como tertuliano imprescindible. Co auspicio do Ministerio de Cultura e a Universidad de Salamanca, os días 12 e 13 de setembro escritores galegos e de toda España lembrarán a obra de Casares e o seu papel como dinamizador dun foro plurilingüe. Onte, Galaxia, a editorial da que foi director, presentou formalmente ó seu substituto, Víctor Fernández Freixanes.
03 jul 2002 . Actualizado a las 07:00 h.Baixo a coordinación de Luis García Jambrina, os encontros de Verines, que se celebran nunha casona en Asturias, homenaxearán por primeira vez a figura dun autor. Carlos Casares participou activamente neste foro e así, a edición deste ano cumpre o doble obxectivo de reflexionar sobre a súa andaina e lembrar agarimosamente ó escritor galego. «Carlos siempre aportaba un enfoque original sobre un género literario o sobre cualquier aspecto que se abordase en los encuentros», lembra García Jambrina. Pero, se Casares destacaba como ponente, non seducía menos como tertuliano. «Era un protagonista obligado en las tertulias, en las que enhebraba historias y anécdotas de Galicia o de escritores que había conocido. Es muy recordado, todo el mundo lo quería y lo admiraba», continúa García Jambrina. De feito, moitos autores cos que falou para comentarlles a idea da homenaxe xa tiñan a mesma intención. Desde Galicia De Galicia está prevista a asistencia de escritores como Ramón Loureiro, Marina Mayoral e Víctor Fernández Freixanes, quen onte tomou oficialmente o relevo de Casares na dirección de Galaxia. García Jambrina, que non ten pechado aínda o programa, pretende que cada asistente fale dalguha das múltiples facetas de Casares como escritor, articulista, editor e xestor cultural. Como é habitual, a Verines irán autores que desenvolven a súa obra en castelán, eusquera, catalán e asturiano, ademais do galego, que este ano dobrará a súa presencia. Un dos promotores da homenaxe é o director da Real Academia Española, Víctor García de la Concha, que tamén ten compartido xornadas e tertulias con Casares en Verines. García Jambrina relata que ó chamalo para propoñerlle a iniciativa, De la Concha ía comentarlle a mesma idea. Verines, ó cumprir 18 anos, tamén reflexionará sobre a súa historia, baixo o título de Encuentro de encuentros. Historia de Verines .