Marina Mayoral volve á literatura de sentimentos no seu novo libro

Camilo Franco SANTIAGO

TELEVISIÓN

SANDRA ALONSO

A novela publícase a un tempo en galego por Galaxia e por Alfaguara en castelán Recupera en «Ao pé do magnolio» os personaxes de «Unha árbore, un adeus»

12 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

? Marina Mayoral fálanlle os personaxes. Quédanlle na cabeza, teimudos, lembrándolle que existen e dialogando, buscando convertirse en figuras medrando sobre o papel. Nunha das súas novelas máis coñecidas, Unha árbore, un adeus , Marina Mayoral dáballe voz a unha muller, Laura, e contra ela recortábase unha figura masculina, Paco. Esa figura, que falaba entón por interposición, quedou na cabeza da escritora reclamando voz propia, pedindo un diálogo directo cos lectores. Insistiu, teimou e foi dando corpo ao que quería dicir. Marina Mayoral cedeu á teimosía de Paco e acaba de publicar Ao pé do magnolio , unha novela de «intensidade sentimental», segundo Víctor Freixanes, e que para a súa autora completa unha perspectiva sobre argumentos fundamentais da vida. A novela de Mayoral, editada a un tempo en galego por Galaxia e en castelán por Alfaguara, confirma unha das pautas narrativas da escritora: ofrecer ao lector sempre máis dun punto de vista. Neste sentido, os personaxes de Mayoral circulan por un espacio de recapitulación, avaliación dos sentimentos, das circunstancias que lles tocou vivir e ata que punto chegaron a acadar o que pretendía. Pero ademais, en Ao pé magnolio , repásase algunhas das particulares e contradictorias derivacións do amor, como lle acontence ao personaxe protagonista que pese a declarase feliz coa muller coa que se uniu admite que segue a soñar cunha muller que se fixo imposible para el. Deste xeito, Mayoral tece un argumento e uns personaxes e unha árbore recuperados dunha novela anterior, pero que teñen independencia e lectura propia, que buscan un sentido similar da reflexión e na que a literatura e o tempo, como os precipitantes na química, xogan un papel activo, argumental e nada especulativo.