Raúl Veiga fai o primeiro ensaio galego arredor de grandes filmes

La Voz LA VOZ | REDACCIÓN

TELEVISIÓN

23 jul 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

O director e guionista galego Raúl Veiga (Santiago, 1956) vén de editar en Biblos Esta noite no cinema , primeiro libro de ensaio no mercado galego arredor de seis grandes películas sobre as que reflexiona na «confianza de que esta lectura dea ganas de ver eses filmes, ou de velos outra vez». Son París, Texas (Win Wenders, 1984), The Hustller (Robert Rossen, 1961), Viskingar och Rop (Ingmar Bergman, 1972), Arrebato (Iván Zulueta, 1979), Eraserhead (David Lynch, 1976) e Kagemusha (Akira Kurosawa, 1980), representativos de outras tantas maneiras de entender o cine de autor. Veiga, un dos veteranos do cine galego, realizador de A metade da vida (1994) e Arde amor (1999), recolle no volume boa parte da súa experiencia como analista de filmes entre 1987 e 1989. O libro será presentado mañán na Galería das Ideas do Festigal (Campus Sur de Santiago). O autor irá acompañado por Pepe Coira.