Unha ducia de escritores tomarán parte no terceiro ciclo de Diálogos Literarios de Mariñán

La Voz LA VOZ | REDACCIÓN

TELEVISIÓN

12 may 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

O pazo de Mariñán acollerá a terceira edición do ciclo de Diálogos Literarios de Mariñán, que se celebrará do 31 de maio ao 4 de xuño. A conferencia inaugural correrá a cargo de Xosé María Álvarez Cáccamo e Antón Baamonde e xirará en torno ao tema Historia, literatura , presentado por Carlos Fernández. O mesmo día intervirán Rosa Regás e Ramón Loureiro, coa charla titulada Fala, memoria , presentada por Miguel Anxo Fernán-Vello. Na segunda xornada, Juan Antonio Hormigón e Marina Mayoral disertarán sobre Valle-Inclán, Rosalía , e Ian Gibson e Xosé Carlos Caneiro o farán sobre Antonio Machado, Jorge Luis Borges . Por último, o 3 de xuño terán lugar as conferencias tituladas Literatura, vida , a cargo de Antonio Martínez Sarrión e Francisco Fernández Naval, con presentación de Francisco Castro; e Miguel Hernández, Lorenzo Varela , a cargo de José Luis Ferris e Fernando Salgado, introducidos por Dolores Vilavedra. O ciclo está patrocinado pola Deputación Provincial, a Fundación Caixa Galicia e a Xunta de Galicia.