Representación da obra «O heroe» no Carballiño

La Voz

TELEVISIÓN

04 sep 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

Continúa o Festival de teatro galego do Carballiño logo da xornada de onte, na que a compañía ourensá La Imagina Machina estreou no Auditorio Municipal a obra A viaxe de Efi. Agora tócalle o turno a Sarabela Teatro, que baixo a dirección de Ánxeles Cuña, representa a obra O heroe, de Manuel Rivas. A peza está ambientada nos últimos anos do franquismo. O Carballiño. Ás 20.30 horas. Prezo, 5 euros.