Presentado un libro que repasa a traxectoria artística e biográfica do actor Juan Diego.
05 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.Un home entra nun bar e comeza o espectáculo do cotián. De bares abriu en Ourense a sección de longametraxes a concurso cunha acollida boa, por máis que os espectadores do festival das Burgas teñen fama de certa frialdade. O equipo de Matriuska e Voz Audiovisual presentaron en Ourense unha cinta que, en palabras do seu director, o pontevedrés Mario Iglesias, quere ser «un libro de relatos que tiene un hilo conductor». Con esa liberdade de non filmar como se fose unha historia liñal e coa vocación de traballar buscando a naturalidade, a película foi dada a coñecer por primeira vez en Galicia como un cine que busca «maiorías aleatorias» e que, segundo Iglesias, «no busca ningún tipo de público culto o culturalmente iniciado». A película é a primeira da sección a concurso no apartado de longametraxes e será a única galega nesta sección do festival, aínda que xa se puido ver no festival de Valladolid. Onte tamén se presentou o libro, Una pica en Flandes, que repasa a traxectoría artística e biográfica de Juan Diego. Editado na colección do festival, o libro está coordinado por José Luis Castro de Paz e Julio Pérez Perucha. O volume recolle textos nos que desde distintas perspectivas se repasan as etapas da carreira de Juan Diego.