Catro mozos tocados pola arte son os protagonistas desta noite do programa.
23 jun 2010 . Actualizado a las 11:10 h.reportaje | 23.00
Catro mozos tocados pola arte son os protagonistas desta noite do programa Xente emerxente . Eles mesmos preséntanse. Javi Camino é o primeiro, e director de cine. O seu cine é feito na casa, e nunca mellor dito, xa que a intérprete dos seus traballos sempre é a súa nai. Coa súa última curtametraxe Un chico raro pasou unha vez máis polo festival de Sitges.
Silvia traballaba en Citroën, na sección de pinturas. Agora segue rodeada de pinturas, pero de grafiti. É unha das catro grafiteiras que hai en Galicia. Asina como Sax. Outra emerxente que ten pseudónimo é Elba Fernández. Hai tempo que é máis coñecida por Pequena Suricata. Esta nova artista mestura na súa obra fotografía e ilustración. Efraim é músico. Toca a gaita, a batería, o xilófono, incluso as potas... Agora mesmo está a recoller sons para o proxecto Lugo Sonoro. Eles son emerxentes e queren mostrar o que fan.