«Xente emerxente» presenta a galegos que cantan en xaponés e novas deseñadoras

La Voz

TELEVISIÓN

El docushow presenta esta noite a xentes emergentes de Galicia

10 nov 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

docushow | 23.30

Preto da media noite, V Televisión presenta a xentes emerxente de Galicia, como os mozos de Yume Crisis quedaron atrapados pola xeración Songoku, tanto, que ata teñen un grupo de pop xaponés.

Eles son coruñeses, pero cantan na lingua nipona. E semella que pronuncian ben. Veñen de actuar no Expotaku, o salón manga da Coruña, onde foron ovacionados polo seu club de fans.

A deseñadora pontevedresa María Abilleira non deixa indiferente a ninguén, e moito menos, as súas polémicas creacións. Despois de numerosos premios e de traballar co recoñecido modisto José Castro, intentará dar o salto á Pasarela Cibeles. Inés é violista, non violinista, xa que toca a viola. A súa meteorica carreira levouna a recibir un galardón de mans da raíña Sofía.