A comedia pretende reflexar, sen perder o sentido do humor, a vida cotiá das mulleres galegas nos barrios urbanos.
22 oct 2011 . Actualizado a las 06:00 h.Xogan ás cartas, pero son mulleres. Só mulleres. Este é o punto de partida de Escoba, a nova comedia de situación que Ficción Produccións está realizando para Televisión de Galicia. A comedia pretende reflexar, sen perder o sentido do humor, a vida cotiá das mulleres galegas nos barrios urbanos.
A serie, dirixida por Mariana Carballal, quere incorporar á linguaxe televisiva un novo termo, galecom, que ten como significado: comedia de situación feita con humor galego, combatendo así o que, segundo a directora, é un xénero no que pesa moito o sentido do humor anglosaxón e reivindicando un humor máis propio.
Son cinco as protagonistas que se xuntan no centro social do barrio para xogar á escoba e falar dos seus asuntos. As cinco mulleres estarán interpretadas por Rosa Álvarez, Elina Luaces, Teté Delgado, Mela Casal e Dorotea Bárcena, e no reparto tamén estará Yolanda Muíños, a perruqueira das cinco, e tamén haberá homes aínda que sexa con forma de satélites. Estarán interpretados por Ernesto Chao e Josito Porto. O camareiro será o segundo.
A gravación da serie comezou a semana pasada nos platós da Facultade da Información, en Santiago, e ten a Alex Sampayo como realizador. O equipo de guionistas da mesma está formado por son Xavier Manteiga, José Luis Prieto, Manolo Cortés e Paco Abeleira.
Está previsto realizar vinte capítulos ata finais do mes de novembro no que se irán sucedendo situacións con unha combinación de historias marcadas polo humor.