A folga indefinida da CRTVG impide a emisión de «O Termómetro»

La Voz REDACCIÓN

TELEVISIÓN

Os paros desenvolvense en días alternos, luns, mércores e venres, entre as 11.30 e as 13.00 horas

16 oct 2024 . Actualizado a las 13:13 h.

A folga indefinida da CRTVG impediu hoxe mércores a emisión de O Termómetro, o magacín diario que presentan Rocío Delgado e Bernardo Montaña. O programa finalmente comezou ás 13.10 horas, e ata ese momento emitiron unha reposición do programa vespertino Hora galega

Os paros, que teñen caracter indefinido desde este mércolres, desenvolverase en días alternos -luns, mércores e venres- nos centros de traballo da CRTVG cunha duración de hora e media no período comprendido entre as 11.30 e a 13.00 horas. Onte martes publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde pola que se determinan os servizos mínimos, que son menos estritos que os establecidos para a folga parcial realizada os días 7, 9, 11 e 14 deste mes.

Esta modificación nos servizos mínimos, segundo a disposición do DOG, conseguiuse tras unhas reunións entre a representación da Corporación e o Comité de Folga que, aínda que non deron lugar a un acordo sobre os servizos mínimos, si permitiron seguir achegando posturas. 

Finalmente, o carácter parcial dos paros e o feito de non coincidir temporalmente coa programación informativa imprescindible nalgunhas plataformas da Corporación permitiu unha fixación mínima inferior á prevista na orde publicada anteriormente. En noticias precísase documentalista; sete informantes para a Radio Galega; doce reporteiros da TVG e dez fotoxornalistas, entre outros.

A folga, que a partir deste mércores comezará a ser indefinida, está convocada polo comité intercentros contra «a externalización de programas» realizada nos medios públicos e, en concreto, contra a adxudicación do programa O Termómetro a unha produtora, en substitución de A Revista, que levaba máis dunha década en emisión e levaba a cabo con medios propios.