Óscar Benito pon fin a case vinte anos á fronte de «En Xogo» na TVG

La Voz

TELEVISIÓN

O presentador despídese do programa deportivo ao que chegou no 2006: «Grazas aos que me deron a confianza, e aos que a mantiveron durante todo este tempo»

08 sep 2025 . Actualizado a las 12:32 h.

O presentador Óscar Benito despídese do programa da TVG En Xogo tras case dúas décadas á fronte. O xornalista coruñés fíxose cargo da condución do mítico espazo deportivo que emítese as noites dos domingos en febreiro do 2006.

Foi o propio Benito o encargado de anunciar a súa marcha en redes sociais: «Esta noite presentarei ou meu último En Xogo. Foron case vinte anos marabillosos. Grazas aos que confiaron en min, ao fantástico equipo do programa e evidentemente a todos vos enxogueiros. Sodes incribles», escribía o presentador, que avanzaba: «Ven un En Xogo distinto. Oxalá vos guste».

Tras conducir o seu último programa, Benito despedíase da audiencia: «Grazas aos que me deron a confianza e aos que mantiveron esa confianza durante todo este tempo», dicía o coruñés que terminaba así: «Longa vida ao fútbol galego».

Con máis de corenta anos de emisión initerrumpida, En Xogo é o programa de televisión máis lonxevo de Galicia, e o segundo de España. Saíu a antena o 31 de agosto de 1985, pouco despois do nacemento da Televisión de Galicia. Ovidio González foi o primeiro en poñerse á fronte dun formato que, nos seus inicios, repasaba a xornada deportiva, centrándose especialmente nos clubs galegos de fútbol.