A esperada volta de Josiño ao «Land Rober»

M. P. REDACCIÓN / LA VOZ

TELEVISIÓN

Josiño e Roberto Vilar, no «Land Rober + show»
Josiño e Roberto Vilar, no «Land Rober + show»

Juanra, o actor que da vida ao fillo dos mariscadores no programa da TVG, sufriu un ictus fai uns meses

12 nov 2025 . Actualizado a las 15:01 h.

O segundo programa do Land Rober +show, que desde o pasado luns se emite de maneira diaria de luns a xoves, contou con una volta moi especial ao plató. «Está nervioso, está nervioso que meteu unha pastilla debaixo da lingua», dicía Roberto Vilar ao pouco de que entrase no plató Juanra, o actor que dá vida a Josiño. «Coidao que vén con 35 kilos menos, si o actor, a personaxe vén máis ou menos igual, xa veremos que nos conta despois que falaremos con el», engadía. «É un orgullo comezar hoxe cun sketch dos mariscadores», dándolle paso a Eva Iglesias. 

Ao pouco, chegaba Josiño entre unha grande ovación do público no plató, que o recibía entre aplauso e en pé. 

Despois do sketch dos mariscadores, Roberto Vilar sentaba un anaco con Juan Ramón para que falase da súa especial volta ao programa. «Un aplauso para Juan Ramón», pedía Vilar. «Hoxe estabamos moi nerviosos», dícía o presentador. «Hoxe estaba moi nervioso eu», respondíalle o actor, que leva moitos anos colaborando no programa. 

«Non dixeches unha frase ben, eu aínda metín algunha polo medio», confesaba entre bromas Roberto Vilar. «Levei un susto grande, un ictus, concretamente, pero estou ben, senón non estaría aquí», explicaba Juan Ramón. 

Vilar preguntáballe canto adelgazara, «sobre 32 kilos», explicaba. «Adelgazar, adelgazase non comendo», respondía. «Comendo sano e facendo deporte», engadía. «Tiven sorte e non tiven secuelas». 

«Merece a pena coidarse para poder desfrutar desto un pouco máis, penso que estás niso», dicía Roberto Vilar antes de despedilo de novo entre aplausos. 

Pouco despois daban paso ao invitado da noite, que non era outro que o actor Maxi Iglesias, que se atopa en Galicia grabando a segunda temporada da serie Punto Nemo

Antes, Roberto Vilar contaba con moita retranca que sufriran un roubo coa invitada do día do debut do programa, onde o público fiel de Land Rober arroupou a todo o equipo fronte a unha noite moi competitiva a nivel de audiencias. Aínda que La revuelta resultou vencedor da noite do luns, con un 16,6 %, e El hormiguero tivo un 14,2 %, Land Rober firmou un fantástico 10 %. 

No seu segundo programa Land Rober + show subiu, acadando un 13,2 % do share, sendo a segunda opción en Galicia só por detrás de El hormiguero, e impoñéndose a La revuelta e ao resto da oferta televisiva.