A CIG denuncia discrecionalidade nos complementos ós funcionarios O Festival de Títeres de Redondela quere profesionalizar a súa estructura Axeitar ós espacios ó público

Camilo Franco R. L. | PONTEAREAS VIGO

VIGO

O crecemento da cita cos monicreques obriga ampliar as áreas técnicas e administrativas Máis de 20.000 espectadores asistiron ás diferentes funcións da pasada edición

31 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

A CIG denuncia a política de persoal que leva o Concello de Ponteareas. Segundo o sindicato, actúan con discrecionalidade á hora de outorgar complementos de productividade e, sen embargo, non conceden os complementos específicos que son fixos ós que teñen dereito os traballadores por lei. É o caso da policía municipal que non percibe retribución por facer noites ou por perigosidade, di a CIG. O sindicato agarda que a nova corporación poña «fin os abusos». O Festival de Títeres de Redondela é como os nenos ben alimentados: medra a bo ritmo. A edición celebrada a semana pasada pechouse con máis de 20.000 espectadores, superando as mellores expectativas, mesmo tendo en conta que o domingo foi xornada electoral. Para a organización, encabezada por Miguel Borines e Eduardo Cunha «Tatán», de Tanxarina, o éxito desta última edición precisa dun paso adiante na seguinte porque «queremos conservar o espírito artesanal co que vive o festival, pero precisamos dunha estructura profesional acorde co seu tamaño», indica Borines. Para a próxima edición, segundo o titiriteiro, «sería necesario profesionalizar as cuestións técnicas e administrativas, porque co tamaño que fumos gañando cos anos faise difícil afrontar esas tarefas sen profesionalización». Na edición pasada, a cuarta, traballaron 15 personas ó longo do ano e 65 durante a celebración do festival, «hai que pensar -comenta Borines- que este ano movemos cerca de 60.000 mil euros e só xa implica uns traballos que non se poden afrontar se non é profesionalmente. Son ademais traballos que nós non podemos facer». ?ntre as carencias sinaladas polo éxito desta pasada edición está a dos espacios. Para a organización quedou claro durante a celebración do Festival que «un auditorio con 250 butacas é pequeno para Redondela e que o tamaño axeitado sería arredor de 500 butacas». A intención do Festival é ir axeitando os espacios existentes á afluencias do espectadores. «A experiencia dinos dónde vai máis xente e temos claro que na Praza do Concello non podemos meter espectáculos preciosistas e que, sen embargo, deberiamos meter cadeiras nos arredores do albergue de peregrinos». Borines cre que hai espacios aproveitables en Redondela e que o mellor é ir tirando partido de cada un deles en función do seu tamaño e das súas características: «hai espacios como o adro da igrexa que aínda non foi utilizado e que é como un auditorio, pero este aproveitamento implica tamén unha maior organización».