A Fundación Penzol require un novo espacio para seguir funcionando

VIGO

M. MORALEJO

O legado de Otero Pedrayo está gardado en caixas porque a Casa Galega quedou pequena Unha vez aprobado o Pepri do Casco Vello, o Concello buscará un edificio preto da súa sede

24 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

Os membros da directiva da Fundación Fermín Penzol fixeron saltar os sinais de alarma e pedironlle axuda a alcaldesa para evitar que a cidade siga a perder fondos culturais de importancia. Ata o de agora xa ocurriu, pero pode aínda ser peor porque a falta de espazo na Casa Galega da Cultura provocou que o legado de Otero Pedrayo estea gardado en caixas, ou que as tres bibliotecas ofrecidas por Isla Couto non podan ser acollidas na Fundación Penzol. «Estamos a punto de aprobar el Pepri del Casco Vello, y significará que, a través del consorcio que tenemos entre la Xunta, Concello y Zona Franca, en el que hay ya un convenio firmado con treinta millones de euros para la recuperación integral del Casco Histórico, podremos buscar un edificio, a poder ser en las proximidades del actual», sinalou onte Corina Porro. A única condición posta pola rexidora municipal foi que a Fundación tiña que facer un estudo de necesidades. Francisco Fernández del Riego amosouse satisfeito pola boa disposición da alcaldesa e manifestou: «Unha vez feito o estudo agardemos que se fagan as dilixencias pertinentes para que esto funcione como debe funcionar xa que é grande o significado e a trascendencia que tén na orde cultural». A intención do Concello e da Fundación non é trasladar a actual sede, ubicada na praza da Princesa, senón buscar un novo edificio que veña a complementar as saturadas instalacións de hoxe en día. Esperanzados Alfonso Zulueta, presidente do Consello da Cultura Galega, amosouse confiado polas boas intencións manexadas pola alcaldesa no encontro que onte tivo lugar na Casa Galega da Cultura. «Levamos moitos anos decindo que as actuais instalacións son insuficentes e hai moitas cousas que se poden perder, e outras moitas que poden marcharse de Vigo, por iso agora estamos moi esperanzados coas institucións», dixo Zulueta de Haz. Xaime Isla Couto pretende doar á Fundación Penzol varias coleccións de libros, agrupados por bibliotecas: una vencellada as ciencias sociais, outras as ciencias humáns e unha máis conformada por preto de 150 libros de relixión, espiritualidade e ciencias. Isla Couto agarda que a futura ampliación das instalacións da Fundación Penzol permita poñer a disposición dos investigadores unha grande cantidade de libros hoxe en día descatalogados, pero quu son unha refencia na cultura contemporánea.