A actividade forma parte do programa de Normalización Lingüística As proxeccións se inician hoxe e se completarán con cinco sesións máis con entrada gratuíta
09 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.O Concello de Vigo, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL), inicia hoxe a programación cinematográfica en colaboración co Cine Club Lumiére, un dos actos cos que se suma ás celebracións do 17 de maio, Día das Letras Galegas dedicado este ano ao poeta e xornalista Lorenzo Varela. O ciclo, que terá lugar no auditorio municipal e con entrada gratuita, está integrado por seis produccións galegas en galego, a razón dunha por mes. A primeira película é A lei da fronteira , de Adolfo Aristarain, unha coproducción entre Arxentina e España estreada en 1995. As películas O mes próximo, a película elexida é Dame algo , do realizador galego Héctor Carré, que debutou con Dame lume en 1994 e o seu último traballo é A promesa. Dame algo é de 1997 e está protagonizada por Nancho Novo. En agosto o ciclo descansa e continúa en setembro con Arde amor , de Raúl Veiga, con Rosana Pastor, Sergi López e María Bouzas. En outubro se verá Sei quen eres , co que debutou Patricia Ferreira en 1999. En novembro chegará ás pantallas Ilegal , filme de Ignacio Vilar que protagonizou no 2002 Chisco Amado, Lucía Jiménez e Chete Lera. Por último, en decembro rematará o ciclo cunha escolma de curtametraxes feito por novos realizadores galegos. Por outra banda, os cines Yelmo tamén participan nos actos do Día das Letras Galegas cun miniciclo de tres filmes que trala proxección onte de Lena , rematará o 13 de maio as 12 da mañá coa proxección de Trece badaladas, con Juan Diego Botto . A entrada é de balde. As actuacións do Servizo de Normalización Lingüística para celebrar o Día das Letras Galegas comezaron o pasado 6 de maio coa XI edición de Ponte nas ondas con 24 horas de programación radiofónica nas que participaron diversas emisoras de Galicia e Portugal. Fruto da colaboración entre a Biblioteca Central e o SNL é o curso de perfecionamento de galego que se imparte os luns de 17 a 19.30 horas para nenos de edades comprendidas entre os 9 e os 11 anos. Os martes, de 17.00 a 19.30 horas está programado o curso de perfeccionamento de galego para adultos. Información de plazas no teléfono 986 229 074.