A poesía galaico-portuguesa cítase no castelo de Salvaterra

La Voz J. L. | VIGO

VIGO

Os actores Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo presentarán o evento que comeza as 20.00 horas O Festival do Condado chega hoxe ao seu remate cun recital colectivo no que participarán catorce rapsodas

01 sep 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

? XX edición da Festa da Poesía no Condado chega hoxe ao seu remate co festival poético-musical que se desenvolve pola noite. Pero xa desde as primeiras horas da mañá, Salvaterra de Miño concentra unha serie de actividades ludico-culturais. As 11.00 horas terá lugar unha marcha popular na que participarán o grupo de animación Cooperativa Cultural, a murga Brisas de Tomiño e os gaiteiros Bailía. As 12.30 horas, presentaranse os poetas que participarán no festival da noite; todos asinarán exemplares dos seus libros; as 16.30 horas comezará unha festa infantil na que participarán Mamá Cabra, Cooperativa Cultural, Peter punk, zancudos e ultralixeiros. Finalmente, ás 20.00 horas, comezará o festival poético-musical, que vai ser presentado por Mofa e Befa (Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo), e contará coa participación dos poetas Cesáreo Sánchez, Antia Otero Rodríguez, Lucía Novas Garrido, Xulio López Valcárcel, Eduardo Estévez, José Alberte Corral Igrejas, Lucía Aldao, Luz Fandiño, Maria do Cebreiro, Séchu Sende, Marta Dacosta, Leire Bilbao (País Vasco), Luis Filipe Cristovao (Portugal) e Guita JR. (Mozambique). A parte musical desta cita correrá a cargo de Donicelas (Pandereiteiras), Tino Baz (Cantautor), A Quenlla y Miro Casabella, Terrakota y Lamatumbá.