Unha histérica compañía de teatro, unha estrea e unha xira. Sardiñas, ¿sardiñas? enredos sexuais e portas, moitas portas. Así é a comedia, así é o teatro...como a vida mesma. Así é, según poden rubricar sen medo a equivocarse, a nova montaxe de Máscara Producións, que verá a luz este domingo. Por diante e por detrás é unha peza típica que bebe das formas lixeiras do xénero de vodevil, e que aporta outra ollada ao mundo do teatro. Por diante e por detrás é unha comedia onde todo o mundo é «pillado no acto», conta Xerome Calero, director, actor e co-adaptador xunto a Antón Casal sobre esta comedia onde o dobre sentido inunda a escena. O texto, de Michael Frayn, é unha adaptación da película Que ruina de función , dirigida por Peter Bodganovich en 1993 e protagonizada por Michael Caine, Carol Burnett e Christopher Reeves.
Marco Antonio Álvarez, María Álvarez Lagarón, Verónica Codesido, Beatriz Míguez, Pablo Puga, Diana Torrado e Isaura Vilas, son os actores que completan o elenco desta peza, «un espectáculo sen axudas a producción do Agadic-Xunta, non seleccionado para a Feira das Artes Escénicas de Galicia», sinalan con sorna.
Máscara Producións é unha das compañías profesionais con máis solera da escena galega, que naceu co nome de Máscara 17 en 1971. Este grupo vigués empezou como formación afeccionada, montando pezas de tan dispares autores como Arrabal, Camus, Lauro Olmo ou Samuel Beckett.
En 1980 comeza a súa andaina profesional e aquí fan pezas nas que a procedencia dos textos é diversas, como é o caso de Por dios eros, na que inclúen fragmentos de Sanchís Sinisterra, Rojas, Sastre, Hesse ou García Pintado. No ano 96 poñen en marcha Máscara Produccións, cun repertorio máis cercano aos gustos xeneralistas dun público que busca diversión con calidade.