«Os grandes proxectos están todos paralizados»

La Voz

VIGO

27 abr 2011 . Actualizado a las 11:53 h.

1 ¿Cal é o problema máis importante de Moaña na actualidade?

2 ¿Como cree que debe afrontar o Concello a débeda municipal?

3 O auditorio é unha asignatura pendent. ¿Cal é a súa proposta?

4 Moaña sufriu unha transformación nos últimos anos. ¿Qué falta por facer?

5 A Xunta cuestionou o polígono industrial. ¿Cree que é imprescindible?

6 ¿Cales son as súas propostas para fomentar o emprego?

1 Segundo a enquisa que nós estamos facendo a pé de rúa e que xa lle formulamos a máis de 700 veciños, o principal problema de Moaña nestes momentos é o paro e nun segundo posto a crise.

2 Con austeridade, que ten que ser e vai a ser o fío condutor do goberno do Partido Popular. E dentro desa austeridade entra un plan de pagos para pequenos e medianos empresarios e a eliminación das cinco exclusivas que na actualidade se están pagando nun concello que debe 21 millóns de euros.

3 Co apoio das Administracións provincial, autonómica e estatal. Todas elas teñen fórmulas que permiten a subvención de obras deste tipo.

4 Os grandes proxectos de Moaña están paralizados. As vivendas de protección autonómica para xoves e familias con rendas baixas seguen sen executarse e o rural está totalmente abandonado. E a mellora dos servizos e atención sanitaria para os nosos veciños segue sen resolver.

5 O polígono industrial é imprescindible porque crearía e atraería emprego ao noso Concello. No seu día o goberno bipartito da Xunta fixo público un informe demoledor que botou abaixo todo o proxecto porque Anxo Quintana e Teresa Táboas dixeron que o polígono era pura especulación. Nós agardamos a que os técnicos da actual Xunta emitan o informe pertinente sobre a súa conveniencia ou non.

6 Pensamos que se pode facer de dúas formas: axudando ás pemes e autónomos e axudando e asesorando aos desempregados para que creen as súas propias microempresas a través dun viveiro de empresas. Tamén pensamos que a axuda a dependencia é un nicho laboral con moito futuro e no que hai que traballar para crear novos postos de traballo.

PP José Fervenza costas