O libro infantil e xuvenil galego representa o 35% da produción literaria

VIGO

Galix e a Consellería de Cultura editan o catálogo da produción do pasado ano para súa promoción exterior

01 abr 2014 . Actualizado a las 17:14 h.

« O libro xuvenil e infantil sosten o sistema editorial en todo o mundo» o di Francisco Castro, presidente de Galix, a asociación que agrupa a este sector da literatura galega. Galix e a Consellería de Cultura veñen de publicar o catálogo das novidades do ano para a súa promoción nas feitas, como a de Bologna desenvolvida ata hai uns días.

Recolle 148 títulos, unha produción maior que a do ano anterior. «A súa porcentaxe na edición total é dun 35por ciento, pero é moito maior da medio do conxunto do Estado», sinalou Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura.

A presentación do catálogo faise na vespera so Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

O Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil se celebra cada ano o 2 de abril, coincidindo co aniversario do nacemento de Christian Andersen. Para conmemorar esta data,a Consellería de Cultura e Educación programa nas bibliotecas nodais de toda Galicia diversas actividades.

A Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela congregará mañá, ás 12.00 horas, alumnos e alumnas de 2º curso de primaria do CEIP López Ferreiro, que lle darán lectura ao manifesto do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, escrito este ano pola autora irlandesa Siobhán Parkinson. A continuación, celebrarase un maratón de lectura no que nenos e nenas de 5º curso deste mesmo centro lerán fragmentos do libro 'Lúa de Senegal', de Agustín Fernández Paz, para festexar o lema deste ano, ?Imaxina os países a través da historia?.

Xa pola tarde, ás 18.00 horas, celebrarase na sala infantil o obradoiro de creación literaria 'A biblioteca imaxinaria', a cargo de Teatro Buratini, dirixido a nenos e nenas a partir dos 6 anos, e con inscrición previa. Para completar as actividades destinadas aos máis pequenos, todos aqueles que se acheguen á sala infantil desde o 1 ao 6 de abril poderán desfrutar dunha mostra bibliográfica dedicada a Hans Christian Andersen.

Os que visiten a Biblioteca Antonio Odriozola de Pontevedra do 2 ao 30 de abril tamén se poderán achegar ao ?mundo de Andersen? a través dunha selección bibliográfica dos contos do escritor. Ademais, a biblioteca agasallará cun marcapáxinas cada préstamo que se realice o 2 de abril e para o venres día 4 programa a lectura do manifesto do Día do Libro Infantil e Xuvenil, xunto coa sesión de contacontos ?A princisa e o chícharo?, que terá lugar ás 18.00 horas a cargo de Bea Campos.

A biblioteca nodal de Ourense tamén programará todos os martes de abril, ás 18.30 horas, a sesión de contacontos ?Contiños con Susana?, para lles achegar a lectura a rapaces de 4 a 7 anos, mentres que a biblioteca de Lugo, ademais da lectura do manifesto, o día 2, ás 18.00 horas, ofrecerá o día 4 o espectáculo ?Andersen?, no que Fabiana Gastaldellose achegaráa algúns dos contos do autor cunha proposta orixinal para todos os públicos. A actividade será as 18.00 h.

Outras das iniciativas para celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil son as que ofrece a Biblioteca Juan Compañel de Vigo, que, ademais da lectura do manifesto arredor desta data, expón a mostra bibliográfica ?Cóntame un conto de Andersen?, ata o 5 de abril. A biblioteca de Vigo tamén programa a actividade ?A volta ao mundo en oito máquinas', ás 18.30 horas, na que nenos e nenas a partir de 3 anos poderán gozar cunha narración oral e musicada sobre unha viaxe arredor do mundo, en homenaxe a autores como Julio Verne, The Beatles ou Marilar Alexandre. Ademais, o 5 de abril terá lugar a actividade ?Aventuras na cociña?, de Trinketrinke Teatro, ás 12.00 horas e para nenos e nenas a partir de 3 anos. Un obradoiro de banda deseña, os días 5, 12 e 26 de abril, para rapaces de 10 anos en diante, e a actividade de narración oral ?Soñei que era unha árbore', que terá lugar o 10 de abril a cargo de Avoa Youja para nenos e nenas ata 3 anos, completan a programación da biblioteca.

Finalmente, os que se acheguen á Biblioteca González Garcés da Coruña poderán participar na liberación de libros infantís e xuvenís a través dunha actividade de bookcrossing e xogar á Pita Cega cos libros de Andersen. O sábado 5 de abril, ás 12.00 horas, a biblioteca tamén programa a sesión de contacontos ?Andersen!? para achegarlles o mundo da lectura aos máis pequenos.