Moaña lembra con emoción ás vítimas do naufraxio do Ángel

Eva Fernández Prieto MOAÑA / LA VOZ

VIGO

Inaugurouse un monumento en Meira en recordo dos seis mariñeiros falecidos

26 ago 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Un solemne acto en Moaña lembrou onte á tarde aos falecidos e ao supervivinte do pesqueiro Ángel, naufragado no cabo Home o 9 de setembro do 1968. Tamén foron homenaxeados os mariñeiros que perderon a vida no naufraxio do Villa de Pitanxo neste 2022.

Asimesmo, inaugurouse un monumento en recordo das vítimas, elaborado pola Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra. A escultura foi situada na parroquia de Meira. Está composta por seis pezas co nome dos mariñeiros falecidos.

No acto participaron a conselleira do Mar, Rosa Quintana, a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias e a deputada provincial Noemí Outeda, entre outras autoridades. No afundimento do Ángel faleceron seis persoas, mentres que vinte e un foron os mariñeiros perdidos no Villa de Pitanxo.