«Atrápame se podes» selecciona concursantes en Vigo

La Voz VIGO / LA VOZ

VIGO

Será o mércores entre as 11.00 e as 14.00 horas, e de 16.00 a 19.00 horas

20 sep 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Atrápame se podes, o concurso presentado por Paco Lodeiro chega mañá a Vigo co obxectivo de atopar novos participantes. O equipo do programa instalarase no Centro Comercial Gran Vía. Procura xente espontánea, divertida e que teña a ilusión de conseguir un bote que nestes momentos supera os 53.000€.

A selección de persoas levarase a cabo en horario de mañá (11.00 a 14.00 horas) e de tarde (16.00 a 19.00 horas). Os candidatos deberán presentarse dentro das horas indicadas nas instalacións comerciais. A única condición para participar é ser maior de idade.

Para todas aquelas persoas interesadas, que non podan acudir presencialmente o Gran Vía, están habilitadas varias canles de comunicación a onde poder enviar a súa candidatura. Pódese adxuntar un vídeo de presentación (máximo 3 minutos de duración) e os datos de contacto, incluíndo o nome completo, teléfono, idade, lugar de nacemento e ocupación, por whatsapp ao 629 613 376 ou ao correo atrapamesepodes@crtvg.gal.

O Atrápame se podes emítese de sábado a mércores na TVG ás 22.00 horas e reúne cada día a máis de 100.000 espectadores diante da pantalla.