A entrada da biblioteca pública de Nigrán acolle a exposición Unha idea de Galicia e de liberdade
03 jul 2023 . Actualizado a las 05:00 h.A entrada da biblioteca pública de Nigrán acolle a exposición Unha idea de Galicia e de liberdade. Francisco Fernández del Riego (1913-2010). Foi nesa localidade, ao pé da praia de Lourido, onde o protagonista do Día das Letras 2023 mercou un apartamento a comezos dos anos setenta para rachar co día a día que vivía en Vigo.
A súa integración coa contorna foi absoluta e, anos despois, o pleno da corporación da vila aprobaba por unanimidade concederlle o título de fillo adoptivo. O resultado son sete paneis informativos, documentados con fotografías, nos que se fai un resumo da vida tan cargada de fitos e responsabilidades que tivo Del Riego, incluso cando veraneaba en Lourido. O percorrido empeza cun bloque que vai da Lourenzá natal.