O colexio Espiñeira de Aldán gaña un concurso da Real Academia Galega sobre Fernández del Riego
VIGO
O traballo presentado polo centro foi unha obra de teatro sobre o creador do Día das Letras
28 sep 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Os colexios da Espiñeira-Aldán de Cangas, Juan Fernández Latorre da Coruña e Juan Rey de Lourenzá son os gañadores da sétima edición do concurso Contádenos o voso Día das Letras, convocado pola Real Academia Galega ao abeiro do proxecto web para o público infantil Primavera das Letras. Os tres centros de ensino presentaron unha variada proposta de actividades para achegaren os nenos e nenas á figura, á obra e ao legado do protagonista do Día das Letras Galegas 2023, Francisco Fernández del Riego.
A Real Academia Galega entregará os galardóns o vindeiro 17 de outubro nun acto na Coruña, no que participarán alumnado e profesorado dos colexios premiados.
Os cativos e cativas de 5º e 6º de primaria do CEIP da Espiñeira?Aldán levaron á escena a obra teatral As cousas de don Paco, a proposta biográfica de Eva Mejuto, con ilustracións de Lucía Cobo, para a Primavera das Letras 2023. Durante a semana das Letras Galegas o alumnado de todos os niveis foi ademais completando un álbum de cromos baseado nos personaxes da obra nunha actividade concibida para animalo a empregar decote o galego.