Aprendices do manga en Tui

La Voz

VIGO

cedida

Son obras  do alumnado do Colexio Marista Santa María

11 jun 2024 . Actualizado a las 21:08 h.

O anexo da Sala Municipal de Exposicións no edificio Francisco Sánchez de Tui acolle , dende hoxe e até o mércores 19 de xuño, unha exposición colectiva de manga e cómic do alumnado do Colexio Marista Santa María. As obras que se presentan foron realizadas no curso extraescolar de debuxo de mamga e cómic desenvolvido ao longo deste curso escolar nese centro educativo tudense. As clases foron impartidas por Javier Pereira, profesor de debuxo e ilustrador free lance. Hai obras inspiradas en Dragón Ball ou One Piece, Marvel e numerosas series de debuxos animados de varias épocas.