Almanaque Agrícola ZZ, Zendal, Balonmano Porriño e as rondallas Santa Eulalia e Pontellas reciben os galardóns que recordan a figura do insigne arquitecto no se 150 anuiversario
16 jun 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O Porriño acolleu onte a primeira edición dos Premios Antonio Palacios, dedicados ao arquitecto no ano no que se celebra o 150 aniversario do seu nacemento e a Casa Consistorial construida por el cumpría un século. Os galardóns impulsados polo Concello queren recoñecer as contribucións destacadas nos eidos da cultura, a empresa, o deporte e o compromiso social.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, enxalzou a iniciativa: «Pon en valor a figura e obra dun veciño ilustre do Porriño á vez que recoñece a excelencia e dedicación doutras persoas e entidades que co seu traballo seguen a enriquecer a sociedade, continuando coa estela deixada por outros».
Distincións
As primeias distincións dos Premios Antonio Palacios recaeron no nomes e entes destacados: Almanaque Agrícola ZZ recibiuno na categoría de cultura; o Grupo Zendal, no eido da empresa; o Club Balonmano Porriño, no deporte; e a Rondalla Santa Eulalia de Atios e Rondalla da Asociación Cultural de Pontellas foron acreedoras ao galardón do compromiso social. Ademais, o premio de honra foi para o historiador e profesor Xosé Ramón Iglesias Veiga «por toda unha vida adicada á contribución da mellora da súa contorna».
O acto celebrado onte estivo presidido polo alcalde, Alejanddro Lorenzo, e contou coa participación tamén do presidente de Deputación de Pontevedra, Luis López, quen destacou a categoría dos premiados: «Antonio Palacios deixou un bo legado de 'construtores'».