Un total de 26 bandas e solistas de múltiples estilos musicais actúan no arquipélago conformado polas illas de San Simón e Santo Antón en catro escenarios
26 jul 2024 . Actualizado a las 05:10 h.Un total de 26 bandas e solistas de múltiples estilos musicais e procedentes de Brasil, Colombia, Dinamarca, Escocia, España, Estados Unidos, Inglaterra, Irán, Kenia, Nigeria, Palestina, Portugal, Suíza, Uganda e Xapón actúan no arquipélago conformado polas illas de San Simón e Santo Antón, dentro do festival SinSal.
Catro escenarios fixos (Buxos Fest Galicia, SON Estrella Galicia, Santo Antón rock’n’roll e o novo Malmequeres) situados no arquipélago, ademais dun quinto temporal (no que terán lugar os microconcertos de música clásica), acollerán as actuacións de máis dunha vintena de formacións que amosarán, a un público reducido, 800 personas por día, unha pequena mostra da creación contemporánea. Haberá postos de comida, showcookings e talleres.