Concerto da Orquesta folk Sondeseu

La Voz

VIGO

CEDIDA

A orquestra folk volverá dar un concerto hoxe no Auditorio Municipal de Vigo, como homenaxe a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional, que cumpre 28 anos

31 oct 2024 . Actualizado a las 05:10 h.

Hoxe ás 20.30h. • Auditorio Municipal Concello de Vigo • Entradas 8 euros • A orquestra folk SonDeSeu volverá dar un concerto hoxe no Auditorio Municipal de Vigo, como homenaxe a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional, que cumpre 28 anos. SonDeSeu naceu na propia Etrad no ano 2001, e o alumnado desta escola fai as prácticas orquestrais na propia formación.

Anxo Pintos, presidente da Fundación SonDeSeu, explica que será un concerto didáctico pensado para tódalas idades e públicos no que soarán nove representativos temas tradicionais galegos. Ao mesmo tempo poderase ver unha peza audiovisual que relata a historia da palabra, do ritmo musical e a súa orixe.