O xornalista afonda na memoria do que fora concelleiro en Vigo
04 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Carlos Núñez. O comunista que non foi gaiteiro é o descritivo título elixido polo xornalista Perfecto Conde para afondar na memoria de Carlos Núñez, Le Vieux, como lle gusta distinguirse ao que fora concelleiro en Vigo no anos oitenta. O libro ven de ser publicado por Editorial Galaxia na súa colección Memoria, e conta co limiar do catedrático emérito Xesús Alonso Montero. O protagonista do libro figura na memoria de moitos como un esforzado militante comunista, nomeadamente nos anos do franquismo serodio, que tivo gran relevancia nos acontecementos da folga xeral de setembro de 1972. Mais na biografía de Carlos Núñez hai moito máis: desde as torturas do franquismo, o exilio en París e Moscova e a fundación do PCG, ata as súas innovacións municipalistas en 1979 e o 23-F.
O libro ofrece un relato documentado da súa vida, contextualizando os acontecementos históricos que marcaron o seu camiño e explorando o seu pensamento político. Perfecto Conde pon en valor o papel dos exiliados na loita contra a ditadura e na construción dunha identidade política galega contemporánea.