
O grupo coruñés chega a Vigo para presentar o seu novo libro-disco
15 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Teatro Afundación acolle hoxe, a partir das 20.00 horas, o concerto de presentación do disco Luar na Lubre XX. Encrucillada. A entrada pódese mercar en ataquilla.com a partir de 24,20 euros. O grupo folk más internacional de Galicia presenta los temas do seu novo traballo, editado en formato libro-disco, que recolle algunhas das cancións máis emblemáticas do seu amplo repertorio.
Neste disco participaron diferentes voces que estiveron en distintos momentos no grupo, ademais dunha cronoloxía fotográfica e literaria da súa extensa traxectoria, cas testemuñas de máis de 60 persoeiros da música, a literatura e o xornalismo.
O grupo está formada por Bieito Romero (gaitas, acordeón, zanfoña), Nuria Naya (violín), Patxi Bermúdez (bodhran, tambor), Pedro Valero (guitarra acústica), Xavier Ferreiro (percusión latina, efectos), Xan Cerqueiro (frautas), Brais Maceiras (acordeón) e Cristina López (voz).
O disco ten un carácter recopilatorio. Hai temas icónicos de todos os tempos que teñen sido reinterpretados con novas versións e con voces tan destacadas como Pablo Milanés, SÉS, Rosa Cedrón, entre outros. Este disco conten un tema moi especial para a banda. Trátase de O longo Camiño de Santiago, composto e gravado por lo cantautor cubano Pablo Milanés antes do seu pasamento.
«Pois é algo que nos estamos plantexando, pero aínda non está decidido. De feito, o propio título de Encrucillada responde a dúas cuestións: por un lado, a ese encontro de dous ou máis camiños, como a recompilación que contén, e, por outro, refírese a ese momento de tomar decisións, xa que os formatos físicos cada vez teñen menos saída e nin sequera hai case lectores de cedés. O que si temos claro é que non imos deixar de entrar no estudo», dicía Bieito Romero hai uns días en La Voz respecto a se este vai ser o derradeiro disco en formato físico da banda.
En calquera caso, neste concerto podería haber algunha sorpresa. E no só intepretarán temas do último disco, senón outros da súa carrerira.