Folclore de Angola a Panamá

La Voz

VIGO

M.MORALEJO

A Porta do Sol será escenario, desde hoxe ao venres 25 de xullo, da XXXI edición do Festival Folclórico Internacional de Vigo

22 jul 2025 . Actualizado a las 05:05 h.

Martes a venres • Porta do Sol • A Porta do Sol será escenario, desde hoxe ao venres 25 de xullo, da XXXI edición do Festival Folclórico Internacional de Vigo. Os catro días do festival achegarán ao público ás tradicións non só do folclore galego e español, xa que está prevista a actuación de formacións de Angola, Eslovaquia e Panamá. Ademais dos grupos de Galicia, compartirán escenario formacións de Valladolid, Albacete e Canarias. As actuacións comezarán ás 21.30 horas e venres está programado o desfile de clausura desde o museo Marco ata a Porta do Sol.