
É a segunda parada do programa Cultura no Camiño
31 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A segunda parada do programa Cultura no Camiño trae hoxe a A Guarda un espectáculo de danza a cargo da compañía Et Suseia de Vigo. A peza co título O que non se ve representa a través da danza a forza e a loita da muller na sociedade actual, unha mestura de danza tradicional e comtemporánea, que pretende mostrar o que existe debaixo das vestimentas tradicionais e no interior das mulleres do noso país.
Con esta obra conxugan estilos moi diferentes, pero á vez moito en común e mergúllanse na percusión tradicional pero enfocándoa cara un aspecto máis actual. Tamén mudan as letras das melodías, facendo letras propias, nas que amosan o poder da muller na tradición oral. O elenco está formado por o Iria Calvar, Iria Portos, Ainhoa Souto, Diego Landín, Erick Pegueros e Gustavo Couto e os dous últimos son os autores das coreografías que, mesturadas co son da música de tradición oral, identifícase a enerxía das mulleres do rural galego, nas melodías que grazas a elas chegaron ata nós. O espectáculo dará comezo ás 20.30 horas no auditorio de San Benito. Foi o espectáculo de danza mellor valorado polo público no Compostela Cultura 2023.