Moito máis alá dunha renuncia a elite

Xosé R. Castro FONDO NORTE

VIGO

12 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Que o Amfiv, unha das bandeiras do deporte vigués, renuncie a participar na máxima categoría, a que lle corresponde, por problemas económicos é un drama, pero non so deportivo, senón tamén social e estrutural. Porque por desgraza non é o primeiro equipo vigués que ten renunciar, nin o primeiro que ve a morte de cerca, pero nesta caso o aspecto deportivo vai moi vencellado co social.

Porque Pablo Beiro creou este equipo para que xente con discapacidade poidese facer deporte, para demostrar que a inclusión pode chegar a través da práctica deportiva e tamén que cando un pon gañas e outros medios, non hai barreira que se resista. Por iso o club medrou, o seu primeiro equipo converteuse nun clásico da División de Honra e mesmamente gañou títulos europeos. E o máis importante, actuou de tractor para que os nenos e nenas acudisen ás súas escolas e se animasen a practicar baloncesto en cadeira de rodas.

A renuncia do Amfiv é como una capitulación da sociedade, que debería ter nos seus preceptos o investimento no deporte, sobre todo no deporte adaptado como factor dinamizador e integrados. Nese contexto no cabe en ningunha cabeza que un club tan senlleiro teña que pechar a porta, aínda que agora consiga salvar a base, que non sería pouco.

Por desgraza, é un paso máis no proceso de involución deportiva dunha cidade en canto a clubs representativos. Na elite so queda o Celta. O resto, salvo puntuais excepcións, empeza a ser unha eira.