Sonia Méndez e Javier Rebollo presentan filmes en Cineuropa

La Voz

AS NEVES

XOAN A. SOLER

Na terceira xornada do festival tamén destaca unha mesa de debate sobre Actor's Studio

09 nov 2024 . Actualizado a las 04:55 h.

A primeira fin de semana de Cineuropa une ás proxeccións de filmes a oportunidade de debater cos directores dalgúns deles. Esta tarde, ás 16 horas, no Salón Teatro, a directora viguesa Sonia Méndez participará nun coloquio tras a proxección da súa primeira longametraxe, «As Neves».

Tamén participará Javier Rebollo, que ademais asistir ao coloquio do seu filme «En la alcoba del Sultán» (19 horas, Numax), intervirá nunha mesa de debate entorno do Actor’s Studio, que obrigaba a actores e actrices a indagar nas súas dores máis íntimas. A cita será ás 16 horas na sala Numax e tamén intervirán o historiador José Manuel Sande e o crítico Martin Pawley.

Hoxe tamén sobresaen na programación o documental «Apocalypse in the tropics», dirixido pola brasileira Petra Costa, que foi nomeada aos Óscar co seu anterior traballo (22.45 horas, Salón Teatro); así como «Polvo Serán», de Carlos Marqués-Marcet, gañadora da Espiga de prata á mellor película. Está protagonizada por Ángela Molina (19. 15 horas, Principal).