O académico Gonzalo Navaza explica o topónimo no Seminario de onmástica responde
08 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Salvaterra de Miño protagoniza o último episodio da serie O Seminario de Onomástica responde, que se pode ver na canle da Real Academia Galega en youtube. O académico e profesor da Universidade de Vigo Gonzalo Navaza explica dende o concello arraiano o significado do seu nome actual e do que o precedeu, Lazoiro, que se supón que facía referencia ás pesqueiras situadas no río Miño.
Afonso VIII impúxolle a esta localidade o nome de Salvaterra con motivo da carta foral de 1228. «Imita o doutras localidades chamadas en francés Sauveterre, ou en occitano Sauvatèrra, e o seu significado vén sendo algo así como terra de refuxio ou terra de asilo. Este nome impúñase co propósito de incrementar a poboación, de maneira que se aceptaban como veciños inimigos políticos ou xente perseguida pola xustiza», explica o filólogo.
Gonzalo Navaza lembra que o nome completo é Salvaterra de Miño e non do Miño porque nos topónimos tradicionais os nomes dos ríos van sen artigo.