
As festas de San Telmo ofrecen tamén a actuación do artista tudense G. Face
18 abr 2025 . Actualizado a las 05:05 h.Sábado, 19 • As Festas de San Telmo de Tui acollerán o I Encontro de Bandas de Gaitas que se vai celebrar o sábado, 19 de abril, ás 21.00 horas no Espazo Feiral. Participarán as catro bandas tudenses Arume de Malvas, A Insua de Caldelas, Guillarei e Paramos. A entrada será libre.
Con este evento, o Concello de Tui quere pór en valor e recoñecer o traballo que realizan estas agrupacións, sendo un expoñente da nosa cultura e música tradicional. Ao tempo destacase o feito de que un municipio coma Tui conte con catro agrupacións destas características cun alto nivel e que teñen levado o nome de Tui tanto a nivel nacional coma internacional. Ao longo das tres horas do I Encontro de Bandas de Gaitas as agrupacións tudenses interpretarán dende composicións tradicionais a versións de temas máis contemporáneos ofrecendo unha nova sonoridade a cancións do rock ou do pop.
Arume de Malvas será a encargada de abrir este I Encontro interpretando a Marcha das Chirimías, Foxtrot, Rapsodia galega, Suite bretona e Suite do Alcacén. A Insua, de Caldelas, sigue cun repertorio formado por Ferrol, Estrela, Rumba a Caldelas, Sofía, La Bamba e Mistura. A Banda de Gaitas de Guillarei interpretará Vals O Agaradiño, Muiñeira do Incio, Xuta danzarica e a volta da festa de Caroi, Pasodobre Tuxeiriña, Baitucada e Foliada do Luxan e muiñeira da Camposa. Pecha Paramos con temas como Camariñas, Muiñeira do Pedáneo, Pichón, Fiesta pagana, The final countdown e Tradición.
G. Face
As festas de San Telmo serán o escenario do inicio da primeira xira do artista tudense G Face. Abrindo a programación festiva estará en concerto este sábado,19, ás 23.59 horas no Espazo Feiral con G Face na Casa, un espectáculo de case dúas horas no que estará acompañado por unha banda de catro músicos, dous coristas, un corpo de baile e tamén un cuadro de mariachis. G-Face promete facer cantar e bailar ao público ao ritmo dos seus éxitos, tanto en galego como en castelán, dende Vaivén, Miña Rianxeira ou o recén lanzado Mi luna.