Tui recibe a Heredeiros da Crus

La Voz

TUI

Heredeiros da Crus.
Heredeiros da Crus. cedida

A banda de rock en galego estrea o seu primeiro álbum en seis anos, titulado «Trankimasín»

20 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Domingo 20, ás 19.30h. • Gratis • O grupo de Ribeira Heredeiros da Crus inaugurará en Tui a xira de concertos do seu novo traballo titulado Trankimasín. O que será un dos grandes concertos das festas de San Telmo deste ano 2025 terá lugar o domingo 20 de abril ás 19.30 horas no Espazo Feiral. O grupo de rock coruñés volve aos escenarios para presentar os temas do novo traballo, que se presenta como unha colección de 12 comprimidos receitados en caso de «deficiencia sanguínea de rock setentero». Unhas cancións que, na liña desta banda icónica de rock en galego, van dende a irreverencia ata a retranca, sempre mesturados con guitarras electrizantes.

Javi Maneiro (voz), Antonio Novo Suárez (guitarra), Tonhito de Poi (guitarra), Francisco Velo (baixo) e Manu Rey (batería) conforman Heredeiros da Crus. A banda cumpre 33 anos con grandes éxitos como Quero josar, Non che teño medo ou Corasón de Carballo, que non faltarán no concerto que ofrecerán en Tui.

O disco racha coa sequía de novidades que levaban dende hai seis anos. A banda ribeirense prepara unha xira entre as datas confirmadas destacan o Resurrection Fest de Viveiro, en xuño, o Silfest de Ourense, en xullo, o Fenerock de Ferrol, en setembro e o Revenidas de Arousa tamén en setembro.

Folclore e charanga para animar a xornada

O programa de festas para o domingo contempla máis actividades; ás 12.30 horas a Banda de Música Popular de Tui ofrecerá un concerto.

Ás 17.00 horas celebrarase no Teatro Municipal o Festival Folclórico coa participación dos grupos locais, ás 19.00 horas o grupo Bolboretas Hípica Celta actuará pola rúas da vila, ás 20.00 horas poderase gozar da actuación da charanga Ao teu Ritmo e ás 21.30 horas coa actuación de Good Good!.

Showcooking e presentación de Vinhos do Atlántico

No programa do IV Encontro de Viños da Raia, ás 12.00h apertura de estands e showcooking de Javier Freijeiro. Ás 15.30 horas peche de estands. Ás 18.00 h cata comentada con Manuel Areal e ás 19.30h presentación de Vinhos do Atlántico. Reapertura de estands 20.00h.