Palabras e sons na Porta do Sol na festa do 17-M

La Voz VIGO / LA VOZ

VIGO CIUDAD

Oscar Vázquez

Abel Caballero leu o bando do Día das Letras Galegas

18 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fíxose cargo onte da lectura do Bando do Día das Letras Galegas elaborado por Anxo Angueira, profesor de Filoloxía na Universidade de Vigo, experto na obra rosaliana, presidente da Fundación Rosalía de Castro e último membro da Real Academia Galega.

Oscar Vázquez

O rexedor municipal, flanqueado polos seus concelleiros e escoltado por un grupo de baile galego, leu o texto de Angueira no que lembra a importancia da data do 17 de maio na Galicia contemporánea e, no caso de Vigo, a pegada da lingua no seu Casco Vello, «aquel soño de Compañel que era a esperanza de Rosalía e a ilusión de toda unha xeración».