Sergio Pazos, Álex Bergantiños, Jorge Mira, María Canosa y la cantante Sabela relatan cómo vivían la noche más mágica del año y cuál fue aquel juguete que recibieron de sus Majestades y que nunca podrán olvidar

NOELIA SILVOSA, SANDRA FAGINAS

«Me pasaba horas y horas construyendo cosas con mis hermanos»

A Sergio Pazos (Sandiás, Ourense, 1965) todavía se le ilumina la cara cuando coge las piezas del mecano. «Nos pasábamos horas y horas con el mecano, porque era el antiguo, el de verdad, aquel tan bonito que tenía piececitas y con el que se podía hacer absolutamente de todo. Era un juguete muy imaginativo, porque aunque venía con plantillas de cosas, nosotros hacíamos lo que nos daba la gana. Nos inventábamos formas, animales... Yo recuerdo estar horas inventando cosas y cosas. Fue un regalo de Reyes, el regalo de Reyes. Creo que lo habíamos pedido, y posiblemente lo haya traído mi tío de Madrid, ¡ja, ja!», narra el actor mientras rememora aquellos momentos en la juguetería ourensana de A Bufarda, donde nos concede una parada exprés en medio del rodaje de la serie Do dereito e do revés, de la TVG.

Su padrino era el verdadero rey mago de la familia. «En realidad no era mi padrino, sino el de mi hermano mayor. Pero los tres hermanos le llamábamos padrino. Para nosotros era el de todos, porque como vivía en Madrid nos traía siempre los mejores regalos, así que siempre recordamos que para nosotros no era Reyes hasta que llegaba él. Cuando venía, llegaban los Reyes de verdad. Éramos tres mirando por la ventana, y cuando reconocíamos el coche era: «¡Padrino, padrinoooo!», relata Pazos, que todavía recuerda el momento en el que apareció con uno de esos regalos que marcan. Un caprichazo que, asegura, jamás olvidará: «Me trajo el primer coche eléctrico con mando a distancia. Solo tenía dos movimientos, marcha atrás giraba y hacia delante en línea recta. Era carísimo, y yo me encapriché hasta que lo conseguí. Después me arrepentí un poco y pensé en lo tonto que había sido, porque luego no le das tanto valor y le había costado muchísimo. Pero yo no lo quería por eso, era porque quería tener un coche de verdad».

Lo cierto es que él, forjado en una infancia de campo, nunca tuvo grandes antojos: «En mi familia siempre nos inculcaron mucho el disfrutar del campo y de la naturaleza, así que no tuvimos grandes caprichos». Por eso los juegos que más disfrutaba junto a su hermano mellizo eran sin botones y funcionaban con mucha imaginación. «Nos pasábamos tardes enteras de sábados lluviosos uno de un lado y otro del otro jugando a indios y vaqueros. Con las pinzas de la ropa hacíamos pistolas, y con palos improvisábamos fusiles. Así jugábamos, nos escondíamos en sitios y nos disparábamos unos a otros. Gritábamos: «¡Le di! ¡Está muertoooo!», rememora.

ESTE AÑO, ALGO PARA LA BICI

¿Y esta vez? ¿Qué espera de los Reyes? «Yo soy cada vez más pasota de todo. Los mejores Reyes para mí es tener un poquito de salud y un poquito de trabajo. Así que tener curro y poder seguir diciendo que vivo de mi profesión son los mejores regalos que puedo echarme. Y después, como me gusta hacer deporte, siempre pido cosas relacionadas con la bicicleta. Este año hice la Pilgrim Race para visibilizar la enfermedad de Charcot Marie Tooth, una dolencia neuromuscular degenerativa. Y en el 2020 voy a intentar correr la Titan Desert, que es en Marruecos, también para apoyar a las que padecen el síndrome de Cornelia. Así que pediría material de bici, cosas mecánicas o ropa de ciclismo», indica Pazos, al que no es difícil ver sobre dos ruedas. «En casa nos enseñaron a ser muy poco materialistas. De hecho, tengo una bici en Ourense y otra en Madrid, y hace poco aquí me dijeron: ‘¿Pero tú que haces con este caldero?’. Y yo les digo: ‘¡Qué más da!, ¡qué me importa a mí!’. Aunque, mira, me vendría bien cambiarla, así que si alguien quiere regalarme algo, una bici, ¡ja, ja!», bromea.

Esa sencillez es la misma que aplicaban para preparar la llegada de los regalos. «Mi padre y mi madre vienen de familia de izquierdas, bastante republicana. Mi abuelo fue diputado en el 36, y mi otro abuelo materno fue militar y defendió Madrid por el bando republicano también, así que la religión no era santo de devoción en mi casa tampoco. Lo que más nos gustaba de la Navidad era que nos juntábamos todos los primos. Mi abuela Pilar sí que era un poco el nexo, porque nos reuníamos por su santo y en Reyes, porque era cuando venían todos los que vivían fuera. Ahí era donde se juntaba toda la familia, pasaban por casa todos», recuerda. Sin duda, el mejor de los regalos.

ANA GARCÍA

«Aos Reis non lles perdoo o do Cinexin»

Un dos primeiros recordos que ten o físico Jorge Mira (Baio, 1968) dos Reis Magos é a pegada que deixaron os camelos no terreo da súa casa. «Miña nai saíu a avisarme de que saíse para ver esas marcas no chan. E, claro, para min era unha evidencia física tremenda comprobar que realmente a súa presenza seguía aí á vista, así que fun correndo a casa do meu mellor amigo, Juan de Cuncheiro, para que el tivese tamén conta da pegada dos Reis». «Unhas marcas -di coa distancia do tempo Jorge- que ían da porta da casa á corte, onde eles tiñan as vacas, porque a partir de aí xa non había máis pistas». E aínda que el quería atopalos de noite, con esa curiosidade investigadora de pillalos in fraganti, nunca chegou a velos porque quedaba durmido. É que se non non veñen!, dígolle, mentres el asente para poñerme en antecedentes de que na Costa da Morte nos anos oitenta a chegada das súas maxestades era espectacular. 

«Chegaron en helicóptero»

«Un ano chegaron a Ponteceso en helicóptero!». E a Baio? Cumprían con puntualidade? «Sempre, sempre, eu non sei como facían, pero repartían en todas as casas», di Mira, que recorda que non foi un neno de fútbol, senón de xogar aos indios e vaqueiros, moi de pistolas, e tamén dos clicks de Famóbil. «O Tente encantábame, pedíao para construír barcos [como amosa na imaxe], e así podía pasar as horas, perdía totalmente a noción do tempo, pero xa máis maiorciño o que máis ilusión me fixo foi o telescopio, aquilo foi un sorpresón marabilloso». Ese Tente, que conserva un sobriño seu, foi un dos xogos da súa infancia, se ben lembra con precisión milimétrica o día de Reis que tivo a sorte de que lle deixasen unha bicicleta de catro rodas. «Era pequeno, tiña 6 anos, e meu irmán estaba no berce, ou sexa que el tiña cero. Collín tal velocidade que tirei co berce, meu irmán caeu polo chan, e o peor de todo -sorrí- rompín o espello ese día. Meu irmán sobreviviu, pero aínda vexo a cara dos meus pais!». Jorge Mira tamén tivo as Barriguitas, «as de verdade, non as barrigotas de despois», pero o que non lle perdoa aos Reis é que non lle trouxesen o Cinexin. «Pillei un berrinche que creo que me doe aínda agora. O certo é que non sei se chegei a escribilo algunha vez na carta ou era desas cousas que pedías na túa mente, e quedei sen el». Nunca é tarde, poden traercho este ano!, aprémolle.«A ver se pasan pola casa de Baio...».

VÍTOR MEJUTO

«Eu o que quería era un torno para facer olaría»

Conta María Canosa (Cee, 1978) que ela tivo a fortuna de vivir de nena dobremente a noite de Reis, primeiro soa, na súa «felicidade», e logo coa súa irmá pequena, á que lle leva cinco anos. «Gustábame vela, porque se poñía moi nerviosa, e eu cando tiña 9 ou así, disfrutaba coa súa ilusión», di. Agora María está enredada no xogo de ver as súas dúas nenas pequenas, Ana e Mariña, nun día que ela recorda coa abundancia dos regalos. «Nós non tiñamos Papá Noel, só os Reis, así que era a data grande, logo no resto do ano non había regalos, excepto no cumpreanos». «Talvez por iso o que máis me gustaba eran as sorpresas, agora os nenos piden todo detallado nas súas cartas, tal boneca, con tal vestido, que se vende en tal sitio; eu prefería que houbese esa emoción engadida de non ter o pedido totalmente controlado», bromea María, que detalla de memoria unha das súas sorpresas estrela. «Era unha boneca, Silvia, que viña cun pupitre: ela sentaba nun lado e eu no outro, de tal maneira que cun mecanismo rudimentario cando eu escribía letras ou números, ela reescribía ao tempo o mesmo ca min pero algo peor. Foi a mellor maneira de xogar ás mestras, aínda recordo o seu traxe, amarelo por abaixo e un xersei de listas azuis e brancas», relata María. Ela sempre recibía por Reis libros e música, «a roupa nunca me pareceu un regalo», di, e entre os discos lembra un de Sergio Dalma. O que máis lle gustaba eran os xogos de mesa: «Tiven o Trivial, Afundir a Frota, o Conecta 4, o Tragabolas... Porque a min en realidade o que me facía ilusión era pensar que iamos xogar na casa toda a familia xunta», sorrí mentres escolle un dos seus regalos favoritos, o de Operación co que sae na imaxe. «Tiñas que ser moi coidadosa para que non pitase o paciente, e non sei se me vén da infancia, pero eu de segunda opción na carreira, despois de Enxeñería de Camiños, pedín Medicina, pensaba en ser microcirurxiá se non accedía á primeira». Con todo, a espiña que ten cravada é que Melchor, Gaspar e Baltasar non lle trouxesen un torno para facer olaría, que era o que lle gustaba. «O mellor é que a miña filla sen sabelo de min tamén o pide este ano, díxome: ‘Quero unha cousa para facer xarróns!». É ben certo que a herdanza é un misterio. Como o propio día de Reis. Que haxa sorte!