04 may 2002
Na procura de verdade histórica
Catoira adica as xornadas deste ano a rematar coas difamacións que durante medio século sufriu a guerrilla Terminar coa difamación que durante medio século sufriu a guerrilla antifranquista é o principal obxectivo das xornadas que celebra o Concello de Catoira. «Houbo xente que foi chamada asesino ou bandoleiro e pensamos que a historia hai que contala tal e como é», sinala Gonzalo Bouza Brey, un dos organizadores. O ciclo de conferencias dará comenzo o próximo 31 de xullo e nel participarán catedráticos e prestixosos historiadores galegos. Bouza Brey será o encargado de explicar a situación da guerrilla na comarca, «a primeira reunión da guerrilla en Galicia celebrouse en Vilaxoán no ano 45», asegura.